Suscríbete 1 año y te regalamos 140 días gratis
Quiero la oferta

Descubertas

Carlos H. Fernández Coto
Carlos H. Fernández Coto SECCIÓN ÁUREA

BARBANZA

25 may 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

Otraballo de investigación de dous membros da asociación que presido está sacando á luz dous piares importantes do noso patrimonio, esquecidos no tempo, que apenas saen nos libros de arquitectura popular galega. A arquitectura do mel na Costa da Morte, investigada por Carme Toba Trillo, descobre un tesouro único, con poucas referencias noutros lugares. As alvarizas -ou abellarizas- son grandes recintos amurallados -con pedra colocada a xunta seca- situadas nos montes para a polinización das abellas, protexidas dos osos e outros avariciosos. As lacenas son elementos arquitectónicos das casas tradicionais para facilitar a convivencia do home cos himenópteros, como un animal doméstico máis. Unha convivencia conveniente para nós, polos traballos que desenvolven e os froitos que se poden obter delas: mel e cera.

A arquitectura decorada con esgrafiados forma parte dunha investigación que ven levando a asociada Mar López Sotelo dende hai uns anos na Ribeira Sacra. Igual que no caso anterior, hai referencias de elementos da mesma especie noutros lugares, pero a gran concentración deles fai deste elemento unha base estrutural da nosa arquitectura. Revestir os muros de cachotaría das casas con mel é imprescindible na meirande parte do país, polos seus beneficios para a saúde e para a resistencia á climatoloxía, e decoralas con elementos da terra ou xeométricos foi un exercicio de arte non regulada nin apreciada ata agora.

Ningún deles está debidamente protexido pola lei de patrimonio, cuestión que debía cambiar para non perder ese impresionante legado.