Gran sorpresa en San Roque, en Viveiro: aparece un corzo albino

y. garcia VIVEIRO/LA VOZ

VIVEIRO

XAIME F. RAMALLAL

Fue recogido del monte por el peligro que corría, al vagar en solitario hace días, creen que expulsado por la manada, y ahora está cuidado temporalmente en la reserva de animales

09 may 2023 . Actualizado a las 19:46 h.

«Non ten nome», dice un monitor de Roqpark mirándole y apostillando: «Por un lado mellor, porque así non nos encariñamos con el, se non queda». La verdad es que lo que se planificaba como una tarde de aventura un lunes de Pascua se convertiría de repente en un hallazgo, sorprendente y curioso sin lugar a dudas. Al lado de las instalaciones, en la Reserva de Animales en Semilibertad de la Comunidad de Montes de San Roque de Viveiro hay nuevo inquilino: un corzo albino. En Viveiro algunos ya empiezan a hablar de su existencia, que no pasa desapercibida por lo extraordinario del caso. Carlos Méndez, presidente de la entidad, lo confirma: «Hai moi poucos». Cuando fue encontrado en el monte «tivemos que dar parte a Seprona, e estes a Medioambiente, e pedir permiso para telo acollido na reserva. Está de momento en cuarentena á espera de se o levan ou deixan quedar». Lleva poco más de una semana en el recinto, pues llegó allí el Domingo de Ramos.

XAIME F. RAMALLAL

Aunque llevaba un tiempo suelto por la zona, se observó que corría cierto riesgo al vagar solo por el bosque y la carretera: «Dixéronnos que os albinos non ven moi ben. Estivo a punto de collelo un coche e un rapaz que ía en bici contou que tivo que facer unha maniobra para esquivalo. Por iso nos ofrecimos a quedarnos, de momento, con el». «Se por un casual nolo deixaran quedar aquí na reserva de San Roque, xa lle poñeríamos un nome. Aquí a todos os animais que hai llelos puxeron os nenos, despois de facer unha lista». Por ahora, convive con vecinos como gamos, ovejas del Camerún, un ñandú, seis burros y dos ponis. Y se le ve tranquilo y afable.

Carlos Méndez (Comunidad de Montes de San Roque): «Parece ser que a manda o rexeitou; con esa cor non se camufla no monte»

Carlos Méndez, presidente da Comunidade de Montes de San Roque, está habituado a certas ‘rarezas' animais na reserva que xestionan pero nunca chegou á excepcionalidade deste corzo albino, ofrecéndose dende a entidade viveirense a acollelo mentres non teña un destino final.

—Comentan que puido rexeitalo a súa propia manda.

—Si, parece ser que a manda o rexeitou. Os corzos teñen unha cor que lles permite camuflarse no monte. Este, ao ser albino, todo branco, sería como un ‘chivato' que diría onde está a manda. Se entendemos que o rexeitou, sería pola camuflaxe.

—Que tal leva os coidados?

—Ben, estamos dándolle de comer e desparasitámolo, a conta da Comunidade de Montes, o mesmo que lle facemos ao restos dos animais da reserva, que temos dende finais dos anos 90.

—Gustaríalles que quedara aí?

—Claro! Estamos dispostos a mantelo e coidalo. De feito, témolo perfectamente mantido, está acompañado e no seu hábitat. É un beneficio para o animal.