Lembranzas do asilo de Foz

Suso Fernández OPINIÓN

A MARIÑA

06 jun 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Odía 26.12.1924 finaba en Foz don Eliseo Martínez Otero, dono de gran fortuna, da que deixaba como herdeira universal á súa muller, dona Pilar Otero Pillado; se ben expresaba o seu desexo de que a herdanza revertera no noso pobo, sobre todo, a través de dúas institucións: un colexio para nenos pobres do concello e un asilo para acoller ós anciáns desamparados.

O periódico La Voz de Mondoñedo (10.1.1925) publica un comentario do histórico mestre de Fondós, don Ramón Salgado Toimil sobre as liñas fundamentais do testamento, e propón que o escultor Asorey perpetúe a imaxe da parella e así «a la gratitud del pueblo se juntaría la artística ofrenda de las divinas manos del más genial artista de la raza; para honra de Foz y glorificación del gran filántropo». «El pueblo de Foz está obligado a rendir este homenaje a la memoria de su generoso benefactor; que la gratitud de los pueblos es la virtud que los hace dignos de tan grandes protectores. Es el concejo a quien corresponde recoger la iniciativa».

O 19.6.1934, a corporación presidida polo alcalde Cándido Eijo nomeaba Fillos Predilectos á parella «que legaron su importante patrimonio para la construcción y sostenimiento en esta villa de un asilo de ancianos y un colegio graduado para los niños, autorizando al alcalde para que de forma adecuada perpetúe en lápidas o bustos, o en el salón de sesiones, tan merecido título».

Dona Pilar, no seu testamento definitivo (12.3.1925), respecta fielmente a vontade do marido, deixándoo integramente para ditos fins; excepción feita duns pequenos legados; e designa e nomea ós albaceas testamentarios, encargados de levalo a cabo: o colexio era a obra preferida polo marido e o asilo o da súa dona. Finou esta o día 15 de marzo do ano 1925.

Documento notarial

Transcurridos catro anos dende a súa morte, a viúva e a filla dun irmán, promoven litixio contra a validez de dito testamento, alegando ó efecto que dona Pilar mantivo por un tempo perturbadas as facultades mentais,baseándose nun certificado que en tal sentido expedira o ilustre médico compostelán, don Miguel Gil Casares, científico de grande prestixio, no que aseguraba que , efecto dun proceso crónico arteroesclerótico, producíralle a incapacidade mental….

O médico de cabeceira, don Eladio Candia Río, así como o doutor don Manuel Reimunde Basanta; outro testigo, e o notario de Ferreira, don Melchor Egerique: «Veo que la compareciente se encuentra en plena lucidez intelectual», di ó inicio do documento notarial, rebaten o informe do ilustre galeno.

O proceso, que sería longo (a Guerra Civil do 36 por medio) iniciaríase o 16.4.1929 cun acto de conciliación no xulgado da vila;-”con inusitada concurrencia”-, según papeis da época, presentada a instancia polo abogado de Madrid, señor Arteaga Contreras. O mesmo rematou sen avenencia.

O pleito chegaría ó Tribunal Supremo, que dictaría sentencia o 25.3.40. Fallamos: «Que debemos declarar y declaramos, no haber lugar a los recursos de casación por infracción de ley interpuestos por doña Carmen Rovira Estadas y don Faustino Alonso Alvarez y doña Ángeles Otero Rovira, a los que condenamos…». (Vindeiro capítulo II: Construción e inauguración do asilo).

*Suso Fernández, cronista oficial de Foz.