O hotel e restaurante focense acollerá este sábado a I Xuntanza de Solteiros e Solteiras da Mariña
11 feb 2016 . Actualizado a las 05:00 h.Sábado 13 ??22.00 horas???Hotel Leytón???O Hotel Leytón de Foz acollerá este sábado, no marco da celebración de san Valentín ou Día dos Namorados, a súa I Xuntanza de Solteiros e Solteiras da Mariña, na que está aberta a inscripción. Quedan poucas prazas.
-¿Estase a animar a xente?
-Vai ben pero aínda así, parece que hai moita vergoña.
-¿Hai moito single na zona?
-Moitísimo, pero a xente di ?¡uf!... que será?. Simplemente é unha cea divertida, onde poder coñecerse, ou vir xa acompañado. Dou fe de que hai moita xente guapa na Mariña e isto é unha oportunidade. Hoxe andamos moito nas redes sociais pero, quen sabe, ao mellor temos a media laranxa preto. Insisto, é unha cea seria, pero sen deixar de ser divertida ou amena.
-Bueno, outra forma diferente de celebrar san Valentín.
-Eu creo que hai moita xente solteira na Mariña, que está soa. Poden vir aquí a desfrutar dunha cea agradable. Coñecer a outra xente doutros puntos da Mariña é importante. Non imos facer un estripís, aviso, aínda que o grupo se chama Eva al desnudo. Son focenses e fan música pop.
-¿Que máis se ofertará?
-Hai sorpresas pero non as podo contar. Ata o menú forma parte da sorpresa... rico, ben preparado, cociña tradicional e de calidade, cociña de primeira.
-¿Cando remata o prazo?
-Ata este venres aínda se poden apuntar. Hai un prezo especial para os que veñan á cea, non queiran coller o coche e se aloxen no hotel.
-¿Dende cando leva o Leytón?
-Dende hai oito anos, pero son emigrante retornada. Son da primeira promoción de Hostalería de Foz, do 1991. No 97 marchei para Londres por tres meses e quedeime dez anos, traballando do máis baixo ata ser supervisora dun restaurante en Les Corts.
-¿Que aprendeu daquilo?
-Sobre todo humildade.
-¿Como se vía á xente de hostalería que viña de aquí?
-Alí a xente galega tiña un caché incríble. Os emigrantes da antiga remesa deixaron o caché moi alto. Teñen ao galego por traballador e responsable. Hoxe é máis complicado. O legado que deixaron os avós e pais que foron emigrantes, comparado co día de hoxe, é case a metade.