21 dic 2001
«A Laxeiro débolle moito, pero os meus anos xa non son discípulo de ninguén»
Antón Lamazares, artista plástico Pintor, actor e poeta; cosmopolita con nostalxia da aldea e seguidor do Atlético de Madrid. Antón Lamazares (Lalín, 1954) presenta un perfil de sinxeleza e pudor pouco habitual entre os artistas de hoxe que xa teñen firma recoñecida no difícil mercado da arte. No seu taller de Madrid (emigrou hai 17 anos) invoca a diario a creatividade que accede gustosa a acompañalo durante as longas horas de traballo de Titan-lux sobre madeira o cartóns. Fala en galego e soña en galego. Unha das súas últimas visións oníricas cobrou vida na exposición antolóxica «Un saco de pan duro» aberta na Estación Marítima da Coruña.