TEMA Manuel Rivas

Últimos artículos publicados

25 ene 2002

As bolboretas ensinan a voar

O éxito da adaptación da obra de Manuel Rivas abre novos vieiros ás letras galegas No seu longo século de vida, o cine alimentouse moitas veces dos libros. Dous dos éxitos do momento, «Harry Potter» e «El señor de los anillos» son precisamente adaptacións de obras literarias. En Galicia, «A lingua das bolboretas», baseado en tres dos relatos que Manuel Rivas recolleu en «¿Que me queres amor?» foi un dos éxitos dun cine case galego. Agora, productores e editores galegos, xunto coa Consellería de Cultura, entenden que hai un novo camiño, un xeito de voar que ensinaron as bolboretas de Rivas.

R. GARCÍA

08 ene 2002

«A literatura galega invita a voar»

Manuel Rivas, autor de «¿Que me queres, amor?» A súplica do trobador medieval Fernando Esquío da título a un dos libros máis coñecidos de Manuel Rivas, que se entrega mañá na Biblioteca 120 de La Voz de Galicia. O escritor cre que unha boa colección de libros é imprescindible en todo fogar e defende os beneficios da literatura, a que fai voar, así como os dunha lingua propia, vista como un gran recurso. A cultura é decisiva no futuro dun país, conclúe. Un vento de inverno trae a noite sobre o porto de Sada. Manuel Rivas pescaba aquí de cativo. Chega á entrevista vestido de negro, cun libro de Chèjov baixo o brazo e un reloxo no pulso esquerdo coas siluetas dos Beatles.

XESÚS FRAGA

08 ene 2002

'¿Que me queres, amor?', é xa un clásico da literatura galega.

A crítica fala destes relatos como un compendio de formas que proxectan o mellor da condición humana Foi Premio Nacional de Narrativa e acadou o Torrente Ballester. O cine púxolle cara ó neno Pardal e ó mestre, don Gregorio, que falaba da lingua das bolboretas. Todo isto está en «¿Que me queres amor?». Lecturas cualificadas

DOLORES VILAVEDRA, crítica e profesora da Universidade de Santiago

15 dic 2001

Freixanes, Coello e Iglesias estarán esta semana no Liceo

A sociedade ourensana organiza unha nova edición dos Encontros Literarios O Liceo de Ourense celebra esta semana unha nova edición dos seus Encontros Literarios. Para este ano a sociedade cultural ourensana conta coa presencia de dous escritores ourensanos, Antón Riveiro Coello e Bieito Iglesias Araúxo, e co pontevedrés Víctor Freixanes. Os Encontros Literarios do Liceo celebráronse por primeira vez no ano 1990 e neles teñen participado autores como Casares, Luis Mateo Diez, Manuel Vicent, Caneiro ou Rosa Regás, entre outros.

REDACCIÓN

15 dic 2001

Os literatos piden o apoio da administración e os medios galegos

Escritores reunidos nun congreso en Vigo cren que se priman máis os libros en castelán Escritores galegos, autoridades culturais e medios de comunicación teñen que establecer un diálogo a tres bandas para contrarrestar a enorme vantaxa que ten a literatura castelá respecto a galega. Esta foi unha das conclusións máis relevantes do cuarto Congreso de Escritores Galegos, que hoxe remata no Centro Cultural Caixanova de Vigo.

M. G.

01 dic 2001

«O lapis do carpinteiro» convértese no libro da literatura en galego máis traducido

A novela de Manuel Rivas leva vendidos 55.000 exemplares e pódese ler en linguas como o xaponés A historia de Daniel da Barca e Marisa Mallo traspasa fronteiras. O libro de maior éxito de Manuel Rivas, «O lapis do carpinteiro», vén de ser traducida ó xaponés, o que o converte na obra literaria en galego que se pode ler en máis idiomas. Castelán, catalán, noruego, holandés, turco, italiano ou inglés son algunhas das linguas nas que xa está editado o libro de maior éxito do escritor galego. Todo un fito de vendas, a novela xa despachou 55.000 exemplares. O seu autor recollerá ademais en Bruxelas o prestixioso premio literario de Amnistía Internacional, que lle será entregado o día 9 deste mes.

REDACCIÓN

22 nov 2001

Comunión poética con Caruncho

RAMÓN CASTRO AL DÍA El pintor coruñés presentó con seis escritores gallegos la carpeta «Vidreiras para Compostela»