TEMA Manuel Rivas

Últimos artículos publicados

27 abr 2002

O berce da «alteza don Albariño»

XABIER CASTRO A CULTURA DO VIÑO NA TERRA DO SALNÉS Álvaro Cunqueiro calificou os caldos do Salnés como «o mellor blanco do noso país»

06 abr 2002

Un Aula aplicada

El grupo municipal de teatro comienza a abrirse paso en certámenes de artes escénicas Son veinte y algunos no tienen claro que en el teatro esté su futuro profesional. Pero en sólo dos años y con dos montajes -«Cousas» y «Un millón de vacas», basados en textos de Castelao y Manuel Rivas- los actores del Aula de Teatro de Pontevedra han conseguido, de momento, abrirse paso en el difícil mundo de la escena incluso fuera de Galicia. Su segunda obra ha sido premiada con tres galardones en un prestigioso certamen celebrado en Santander. El Aula no sólo busca ser una escuela de actores, sino también formar a sus alumnos en las distintas actividades que conlleva un montaje.

MARÍA CONDE

09 mar 2002

Os lectores de La Voz mercaron en pouco máis de dous meses un millón de libros

A difusión media de cada un dos vinte títulos xa entregados da Biblioteca Galega 120 é de 50.000 exemplares Poñer un libro en galego no mercado e vender 50.000 exemplares era algo que estaba reservado para a sinatura de Manuel Rivas, pero a ninguén máis. Agora, cada un dos vinte títulos entregados por La Voz de Galicia dentro da Biblioteca Galega 120 tivo unha tirada media de 50.000 exemplares. Certo que neste caso o prezo é de só un euro, unha iniciativa coa que La Voz de Galicia quere celebrar 120 anos de existencia cos seus lectores. O presidente da Corporación Voz, Santiago Rey Fernández-Latorre, dixo na presentación desta Biblioteca 120: «Sabemos que a celebración do noso 120 aniversario lles corresponde máis ós nosos lectores que a nós mesmos».

REDACCIÓN

06 mar 2002

Manuel Rivas gana el Julio Camba con un artículo publicado en La Voz de Galicia

El jurado destacó la «gracilidade e tenrura» de «Estampas e aforismos», un trabajo sobre la emigración El escritor Manuel Rivas acaba de obtener el premio de periodismo Julio Camba que convoca Caixanova, dotado con 6.000 euros (998.316 pesetas). El jurado destacó la «gracilidade e tenrura» de su artículo «Estampas e aforismos», publicado en La Voz de Galicia y que aborda el tema de la emigración. El segundo premio, con 3.000 euros, fue para el periodista y sociólogo Vicente Verdú, por el trabajo «El yo del bolsillo», dedicado a los teléfonos móviles y publicado en El País, y el tercero (1.803 euros) lo otorgó el jurado a la escritora pontevedresa Susana Fortes, por un trabajo publicado en el citado diario.

M. C.

16 feb 2002

Nace a Biblioteca Virtual Galega na que cada escritor terá a súa propia páxina web

A Universidade da Coruña promove este novo «centro de dinamización da nosa cultura» no que xa hai obras de 160 autores galegos En galego no mundo, dicía unha campaña de promoción lingüística. Desde o próximo día 22, a literatura galega estará no mundo xa que desde calquer sitio do Planeta poderase entrar na Biblioteca Virtual Galega, un lugar en Internet no que haberá textos, imaxes e voz de tódolos escritores galegos; terán un espacio para que publiquen os novos autores; estará a biografía e o catálogo das obras de cada autor, que terá a súa páxina web na que poderá «colgar» noticias e recibir mensaxes. Polo de agora, 120 autores vivos xa están na nova Biblioteca. De todo isto falan con paixón as tres responsables da iniciativa, tres mulleres da Universidade da Coruña.

RODRI GARCÍA

05 feb 2002

O teatro épico da obra «Zardigot», de Euloxio Ruibal, entra na Biblioteca 120

De título enigmático, 'Zardigot' significa o nacemento do teatro galego actual. A peza de Ruibal recibiu o primeiro premio Abrente, iniciando a brillante etapa do Novo Teatro Galego, representado polas pezas de Manuel Lourenzo, Vidal Bolaño ou Bernardino Graña tamén galardonados co Abrente. Lecturas cualificadas:

CHEMA PAZ GAGO, director do Máster de Estudios Teatrais da Coruña.

25 ene 2002

Editores e productores crean un fondo para levar os libros galegos ó cine

O audiovisual precisa de historias que contar con imaxes e a narrativa o que ofrece son historias. Por iso, a mediados do 2000 naceu na sección de Comunicación do Consello da Cultura a idea de poñer a traballar conxuntamente ós productores e ós editores galegos para facilitar o traslado dos libros ó cine. O primeiro paso foi un acordo asinado pola Asociación Galega de Productoras Independentes, Agapi, a Asociación Galega de Editores, AGE, e a Consellería de Cultura. O resultado é, polo de agora, uns cantos libros listos para ser convertidos en imaxes de cine ou de televisión, nunha iniciativa que é pioneira en España.

RODRI GARCÍA

25 ene 2002

As bolboretas ensinan a voar

O éxito da adaptación da obra de Manuel Rivas abre novos vieiros ás letras galegas No seu longo século de vida, o cine alimentouse moitas veces dos libros. Dous dos éxitos do momento, «Harry Potter» e «El señor de los anillos» son precisamente adaptacións de obras literarias. En Galicia, «A lingua das bolboretas», baseado en tres dos relatos que Manuel Rivas recolleu en «¿Que me queres amor?» foi un dos éxitos dun cine case galego. Agora, productores e editores galegos, xunto coa Consellería de Cultura, entenden que hai un novo camiño, un xeito de voar que ensinaron as bolboretas de Rivas.

R. GARCÍA