-¿É doado chegar a ser bo actor en Galicia, onde ese mundo parece un círculo pechado? -Non é doado chegar a ser actor en ningures. Non me parece que Galicia sexa un círculo pechado, ou polo menos non máis pechado que noutros sitios. O que si se nota aquí é a falta de escolas, ou cursos, de preparación de actor polo que sempre estamos obrigados a emigrar na procura de estudios e de traballo. Eso pasa en Galicia de toda a vida. -¿A estrea de «O lapis do carpinteiro»? -Din que en setembro, pero está por confirmar. Non está completamente rematada. -¿Cómo evaluarías al Manuel Rivas, actor, que se ha colado en la peli? -Tiña que morrer, e morrer é complicado aínda que pareza que non. Pero el quería aparecer pouquiño e ese personaxe estaba a huevo. Noraboa a Manuel. -¿Cine, tele ou teatro? -Se pode ser, todo. Cine por variar, tele por divertirse e teatro por traballar. -¿Cuáles son tus proyectos inmediatos? -Pois unha película que se chama El regalo de Silvia, que se todo vai ben empezarase a rodar alá por xuño. -¿Cando pensas voltar por Portozás? -Cando María pase dese gilipollas co que creo que anda agora.