Pancho Casal recoñece que «máis do 80% dos meus proxectos parten de novelas». Unha proba disto é que a próxima película que vai empezar a rodar en Compostela, no mes de febreiro, e Trece badaladas. Trátase dunha adaptación da novela de Suso de Toro do mesmo título, ambientada en Santiago. Pancho Casal recoñece a existencia de notables diferencias entre o texto da obra literaria e a película, pero iso é algo do que ten coñecemento o autor da novela. Outro dos filmes producidas por Pancho Casal é El alquimista impaciente, unha adaptación da novela de Lorenzo Silva do mesmo título e da que a rodaxe xa está rematada polo que será estrenada nos vindeiros meses, adianta este productor. «Memorias dun neno labrego». Desde hai un tempo, o productor Ismael González está traballando no proxecto de levar ó cine a obra de Xosé Neira Vilas Memorias dun neno labrego. Polo de agora hai conversas que veñen de longo, ideas sobre a rodaxe e a procura de financiación para levar adiante este proxecto, pero poucas cousas máis. Xosé Neira Vilas non esconde a ilusión que ten de que este proyecto saia adiante, despois de que o seu libro fora traducido a ducias de linguas de todo un mundo e o seu Balbino, o protagonista, cumplira xa cuarenta anos. Cuerda interesado en «Os comedores de patacas». José Luis Cuerda coñece ben Galicia, donde fixo a rodaxe de A lingua das bolboretas, e mantén unha fonda amizade con Manuel Rivas. O cineasta amosou públicamente o seu interese en facer unha adaptación da obra de Rivas Os comedores de patacas, aínda que o proxecto terá que agardar un tempo, en caso de que chege a concretarse, xa que Cuerda vai empezar a dirixir outra adaptación, El hereje, de Miguel Delibes.