08 jun 2001
Xerais recolle en dous libros corenta contos galegos sobre animais
O raposo é o principal protagonista das historias Houbo un tempo nos que os animais falaban. Así, con esta alusión a anos remotos e míticos, empezaban moitos contos populares. Son estas historias, protagonizadas por raposos, lobos, gatos, galiñas ou caracois, as que forman parte dos novos volumes da colección «Cabalo buligán». Os seus autores asinaron onte exemplares no Salón do Libro Galego.
REDACCIÓN