Os escritores Xesús Fraga e Isidro Novo asinaron exemplares das súas obras

La Voz

LUGO

07 jun 2001 . Actualizado a las 07:00 h.

O xornalista e escritor Xesús Fraga e o autor lugués Isidro Novo estiveron onte na carpa do Salón do Libro Galego asinando exemplares das súas obras. Fraga dedicou exemplares de Tute para catro, unha colección de sete contos editados por Xerais na súa colección Abismos. Son relatos ambientados nunha aldea galega que vive o día da festa do patrón, e polos que desfilan personaxes como o cura da vila, os estudiantes, a orquestra ou o ultramarinos. Fraga conversou coas persoas que se levaron o libro asinado sobre os contos e sobre literatura en xeral. Despois lle chegou o turno a Isidro Novo. O escritor lugués asinou exemplares dos seus libros, que inclúen títulos como Carne de can, Antollos de Eimarmena ou Por unha presa de machacantes, un traballo literario no que Novo parodia as novelas do Oeste e crea un xénero inédito: o nabo-western. Cabalo buligán Hoxe, ás 19 horas, estarán Xoán Cuba e Xosé Miranda, responsables xunto con Antonio Reigosa da colección Cabalo buligán, de Xerais. Son contos tradicionais reelaborados por estes autores para estes novos tempos.