11 feb 2002
«O señor Lamela non soubo ser goberno e tampouco está sabendo ser oposición»
MAICA SIMÓN A ENTREVISTA Antonio Domínguez García, alcalde de Cee, que cumpre nove meses no cargo O 11 de maio do 2001 a alcaldía de Cee pasou a mans do PP por primeira vez na historia da vila. Ás doce daquel día celebrouse o pleno para a elección do novo alcalde trala demisión de Lamela e a moción de censura de PP e IxCee. Nove meses despois, Antonio Domínguez fai balance e salienta o gran número de proxectos postos en marcha na vila. Para o anterior alcalde e actual voceiro da oposición ten duras palabras: «O señor Lamela non soubo ser goberno e tampouco está sabendo ser oposición», di Domínguez.