Hoxe é o día. Desde as 13.30 da tarde a ata a mañanciña, Langosteira acolle a Festa Folk na Fin do Camiño.
23 ago 2002 . Actualizado a las 07:00 h.Hoxe é día de festa en Fisterra. Desde as 13.30 haberá algo que ver, comer, sentir e bailar na zona da serra da praia da Langosteira de Fisterra. A Festa Folk chega á súa cuarta edición da man da asociación Anchoa, que preside Manuel Canosa. -¿Como se ve a festa desde a organización? -Creo que é a mellor de todas. En cartel, en presuposto, en traballo da comisión. Pode ser o referente, o punto de inflexión, do que nos depare o futuro e ver se vai a máis e cómo faremos. -¿Que ofrecen? -Considero que temos un programa aberto a todo tipo de público. A filosofía é que non sexa estrictamente folk, senón algo máis. -¿En que se concreta? -Á unha e media haberá degustación de productos típicos. Tocará Niño do Cuco e a Charanga Vendaval. Ás catro teremos actos para os máis novos. Contratamos unha empresa que fará moitas actividades, como xogos acuáticos. E pola noite, a partir das nove e media, en que a diputada Tareixa Novo, moi vinculada a Fisterra, dará o pregón, estarán Niño do Cuco, A Cruz de Baixar, os asturianos Llan de Cubel, Ruxe Ruxe e Alberto Mbundi e a Trova Angologalaica. Creo que o cartel é excelente. -¿Canta xente está detrás de todo isto? -Unhas vinte persoas que estamos a traballar desde o mes de marzo, mirando xa desde aquela o tema da publicidade, da promoción, da edición da revista. En total, manexamos un presuposto de 18.000 euros, uns tres millóns de pesetas. -¿Ten moitos apoios? -Do Concello de Fisterra, da asociación Neria, do Concello de Cee. Todas son axudas económicas. Estamos algo descontentos coa Deputación, xa que, a pesar de que nos citan na súa web , o ano pasado só nos deron 275 euros.