«Eu aspiro a que todo canse, sobre todo a televisión»

CARBALLO

20 ago 2002 . Actualizado a las 07:00 h.

Artur Trillo é un home cunha vocación: o teatro. Soubo desde o primeiro momento que quería adicarse ás táboas, única e exclusivamente, e conseguiuno. Además de levar Talía Teatro, ensina arte dramático en Cee, Boiro, Rois, Fontiñas e Camariñas. A Mostra de Teatro de Cee é culpa súa. Das quince edicións, ésta é a primeira na que recibe unha axuda institucional tan importante. As demais saíron adiante por pura paixón e duro traballo. E case sen cobrar un peso. A recompensa dalla o público: «Nesta profesión -di-, somos un pouco vaidosos: o público é a nosa gasolina». -¿ Como comezou no mundo do teatro? -A min sempre me gustou o teatro. Cando fun estudiar a Santiago, decidín meterme nisto. Ó final, ata deixei os estudios a medias para adicarme o que realmente quería. - ¿Pódese, en Galicia, vivir do teatro? -Como compañía non, porque os ingresos son demasiado inestables, pero dando clases aquí e alá, si é posible. Eu vivo do que me gusta e moitas veces traballo sen darme conta de que estou traballando. -¿Como xurdiu a primeira Mostra de Teatro de Cee? -Foi no ano 1988, ó mesmo tempo que nacía Talía. Naquel ano, ademais, montei o primeiro taller de teatro en Cee. Falei coa profesora Concha Blanco e propúxenlle a idea: en dous días tiña a 19 rapaces que querían aprender teatro. Naquel ano chegou a primeira Mostra: eran só catro ou cinco compañías. - Crear afección ó teatro nun sitio sen tradición semella moi difícil. -Se alguén se empeña de verdade en facer algo, as cousas saen adiante. Se un insiste, consegue arrastrar a moita xente e a afición xa está feita. Iso foi o que pasou en Cee. - O teatro atravesa un momento difícil, mediatizado pola televisión. -A tele é unha lacra para o teatro. Eu aspiro a que todo canse, sobre todo a tele e as estrelas baratas, e a xente volte a apreciar o que é ver unha obra nun teatro.