Reportaje | Improvisación oral O Certame Internacional de Regueifas celebrado onte en Vigo contou coas intervencións de troveiros galegos, murcianos, colombianos e cantores lusitanos
03 dic 2005 . Actualizado a las 06:00 h.O Diccionario da Real Academia Galega recolle que a regueifa, ademáis de un «molete de pan adornado con ovo, azucre, caramelo, etc., con que se obsequia ós invitados a unha voda e ós veciños dos noivos», é unha «disputa dialéctica improvisada e en verso entre os asistentes a unha voda e, por extensión, en calquera outra circunstancia». A circunstancia acaecida onte en Vigo era a propiciada polo Centro Veciñal e Cultural de Valladares, que organiza desde 1995 un festival de regueifas para manter a tradición e promover a súa difusión. O Certame Internacional de Regueifas tivo como escenario o auditorio do Centro Cultural Caixanova con intervencións de regueifeiros galegos (Xuso e Antonio de Xornes, de Bergantiños; troveros murcianos da Asociación Trovera Repuntín (Manuel Cárceles «El patiñero», Pedro López, «El cardoso» e Juan Ríos»; cantores ao desafío lusitano - galegos (Augusto «Canario» e Luis «O Caruncho»); troveros colombianos da Agrupación La Trova del Sur, de Medellín (Radio Loco y Picaflor), con Fran Peleteiro, Caruncho e Pinto d¿Herbón como mestres de cerimonias. O evento deixou claro unha vez máis que o rap non é patrimonio dos rapeiros afroamericanos, e que a improvisación oral, con músca ou sin ela, practícase desde hai moitos anos en os puntos máis diversos do planeta. Inventando rimas O espectáculo, entretido e interactivo, contou co apoio de numeroso público que non deixaba de dar ideas aos regueifeiros. Os murcianos estiveron ben simpáticos e rápidos para inventar rimas sobre os temas que a xente lles iba pedindo: «¡o pulpo!», «¡os pementos de padrón!», «¡o Prestige!», por bulerías, con música de guitarra. Eminem, un novato.