Ofrecerá o seu servizo en lingua vasca e catalá a partir de xullo
20 sep 2012 . Actualizado a las 18:57 h.A primeira liña férrea galega foi a que uniu Santiago de Compostela con Carril. Inaugurouse en 1873 e foi construída con capital inglés ligado á exportación de gando vacún desde o noso país á Gran Bretaña. Nada menos que un cuarto de século separa este acontecemento da posta en marcha do primeiro traxecto dun camiño de ferro na Península, o que desde 1848 uniu Barcelona e Mataró.
Aquel desleixo con Galicia é o que tamén se produce agora en Twitter, segundo denuncian centos de usuarios que demandan poderen empregar a ferramenta en galego. A rede social acaba de anunciar que ofrecerá os seus servizos nas linguas vasca e catalá a partir do 5 de xullo.
A lingua galega é empregada por máis de tres millóns de usuarios e conta cunha das máis salientables literaturas.