José María Leal recibe o Paz Andrade pola súa tese sobre a pesca e o seu negocio na Galicia Cantábrica
PESCA Y MARISQUEO
Demostra na investigación recoñecida pola USC como, ao contrario que nas Rías Baixas, empresarios mariñaos impuxéronse na loita pola sardiña
07 feb 2026 . Actualizado a las 17:18 h.O doutor en Historia José María Leal Bóveda recibiu o premio da Universidade de Santiago de Compostela (USC) pola súa tese sobre a pesca e o seu negocio na Galicia cantábrica do século XVIII.
Na súa investigación, que mereceu o sobresaínte cum laude, Leal demostra nunha tese como, ao contrario que nas Rías Baixas, empresarios mariñaos impuxéronse na loita pola sardiña.
Sobre «Pesca e negocio na Galicia cantábrica. De Cariño a Ribadeo entre o Catastro de Ensenada e o desestanco do sal», de Leal Bóveda, o xurado realzou a «utilización crítica e exhaustiva das fontes dispoñibles para modificar de maneira significativa a interpretación dun período da historia pesqueira e industrial de Galicia moi importante para entender a orixe e evolución da realidade socioeconómica do país».