Anxo Cao, biólogo de San Cibrao: «Intento vivir bastante pegado ao ritmo da natureza, ser coherente»
SOMOS MAR
Por tempadas, traballa nas Azores como guia turístico en avistamento de cetáceos e actualmente firma unha exposición aberta na Sala Xosé Vizoso en Sargadelos con fotografías subacuáticas das illas portuguesas
22 ene 2026 . Actualizado a las 14:00 h.Dende San Cibrao, onde naceu en 1992, Anxo Cao firma a súa segunda exposición na súa terra natal cervense. Esta vez en Sargadelos, poñendo en valor as Azores, onde o biólogo e guia turístico ten, por temporadas, unha particular «oficina de traballo» pero non tan bucólica: «Traballar no mar ten os seus requisitos: pasas frío, hai vento, maréaste, móllaste, o equipo estropéase... Condicións non sempre agradables. Hai días en que non consigues nada a nivel fotográfico. Nunca sabes como vai ser, pero non te podes quedar na casa».
—Que conexión tén coa natureza?
—Non vivo tanto en piloto automático. Na casa plantamos, criamos e pescamos o que comemos. Somos case autosuficientes. Intento vivir bastante pegado ao ritmo da natureza, ainda que a veces hai que usar o coche ou o avión. Pero intento ser coherente co que penso e co que digo.
—Onde cre que imos tan desconectados do noso fogar, a terra?
—Todo apunta a que imos a un abismo, cara a unha extinción futura, a un deterioro completo da natureza, ou polo menos como a coñecíamos, e a unha globalización e un cambio climático que van cambiar todo a nivel de especies animais e vexetais. Estaría ben ser optimista, pero os gráficos, as tendencias e os pronósticos van na dirección que estamos vendo: aumento de temperaturas, especies invasoras e extinción doutras, etc... O panorama é ese e temos que ser conscientes.
«Todo apunta a que imos a un abismo, cara a unha extinción futura, a un deterioro completo da natureza, ou polo menos como a coñecíamos, e a unha globalización e un cambio climático»
—Na defensa medioambiental podemos citar referentes como Greta Thunberg, Félix Rodríguez de la Fuente, Jacques Cousteau, David Attenborough ou Jane Goodall, que finaba o pasado outubro.
—Nos últimos anos hai referentes xóvenes. Jane tiña 91 e teño unha foto (ben conservada) con ela, feita hai quince, de cando viñera a Coruña dar unha charla.
—Fixo máis traballos aparte deste nas Illas Azores?
—No estranxeiro non. Non viaxei tanto nin en modo fotográfico nin personalmente. As fotos subacuáticas das Azores son as máis chamativas, as mellores, pero tamén teño de paxaros, raposos ou esquíos en Galicia. Quizás na próxima exposición debería facer algo máis terrestre e galego.
—Segue sendo guia turístico alá?
—Si, sigo traballando no avistamento de cetáceos. Funme no 2016 e no 2017 fixen as prácticas nunha empresa. Dende entón traballo como guia, biólogo e fotógrafo. En Galicia son apicultor.
—Que curioso! Traballa con animais diminutos e enormes...
—A abella é unha especie que tamén ten os seus ritmos, costumes e comportamentos. É unha máis. Dende o punto de vista da bioloxía é tan necesaria unha abella como un cachalote. Todas as especies merecen unha atención especial. Pero conseguir fotos boas de abellas non é tan fácil...
A súa mensaxe
—Que mensaxe quere transmitir?
—Todas as da exposición teñen un texto, cunha mensaxe sobre esa especie. Canto máis bonita e estética, máis chama a atención. De dez persoas que a miran, ao mellor un le o texto e aprende algo, dunha tartaruga, dun cachalote ou dun tiburón balea. Dicía Cousteau que para protexer algo primeiro hai que querelo e aprecialo. Incluso unha foto de guerra ten que ser estéticamente chamativa, para que nos paremos a vela e querer aprender.
«Si que cando te asustas se che acelera o corazón, pero nunca me sentín nin amenazado nin fun atacado»
—Pasou algún momento delicado para captar esas instantáneas, sendo un estrano no seu hábitat?
—Si que cando te asustas se che acelera o corazón, pero nunca me sentín nin amenazado nin fun atacado. Se houbo algún momento de tensión nunca foi por culpa dos animais, senón porque ao mellor me acheguei demasiado ou me mareei no barco. Nunca tiven ningún conflito, porque sempre souben respectar distancias e entender que é o animal o que che deixa achegarte máis ou menos. Hai que coñecer o seu comportamento. Coa experiencia valo collendo, igual que cun animal na casa ou coñecido chegas a saber máis ou menos o que sinte.
—Falamos moito da intelixencia humana, da artificial. E a animal?
—No mundo académico si que se lle dá moita importancia á intelixencia animal, polo menos con grandes como os cetáceos, que teñen unha estrutura social a largo prazo importante. Estase intentando entender a súa linguaxe, os seus sons. O do cachalote é o cerebro máis grande do mundo.
Una «gran dificultade técnica» en las fotos que expone en Sargadelos, hasta el día 7 de febrero
Anxo Cao realizó exposiciones anteriores en Azores (2021), San Cibrao (2023), Arteixo y en el Aquarium Finisterrae de A Coruña. En esta última plasma nuevas imágenes de la vida subacuática en las islas lusas en esta nueva muestra cervense. Son fotos, como dice, logradas «cunha gran dificultade técnica, sobre todo aquelas que implican estar dentro da auga, ou as sacadas con drone». Captó pardelas, cachalotes, peces luna, tiburones, ballenas piloto, tortugas o los «estraños e extremendamente raros» pulpos pelágicos. Según la legislación regional, está prohibido nadar con ballenas y otros cetáceos, excepto delfines, en las Azores. Esta actividad la realizó Anxo Cao con la autorización número 09-ORAC-2025, expedida por el Gobierno Regional de las Azores el 26 de agosto de 2025.
«Azores Oasis Atlántico» de Anxo Cao está en la Sala Xosé Vizoso del Conjunto Histórico-Artístico de Sargadelos. Abre de martes a viernes de 16.30 a 19.30; sábados y domingos también de 11.00 a 14.00.