O centro comarcal do Salnés expón ata o día 15 unha mostra de cadros e gravados de Alfonso Costa, e que son produto dunha viaxe que este autor, xunto con Chisco Fernández e Camilo Franco fi xeron a Níxer con Acción contra a Fame, para coñecer o traballo que esta entidade está a facer nun dos países máis pobres do mundo. Isabel Iglesias é a delegada da oenexé en Galicia. -¿Cal é o obxectivo da mostra? -As fotos de Alfonso Costa non refl icten o traballo en si que está a facer a organización, son esceas da vida cotidiana, das mulleres, homes e nenos no seu día a día nunha paisaxe árida na que hai que ter en conta que só unha terceira parte do solo é cultivable, e que cando estivemos alí viñan de pasar por unha plaga de langosta e unha miseria como non hai en ningures. Acción contra a Fame traballa en corenta países en todo o que se refire ao tratamento da fame, dende a prevención, con programas agrícolas, de rego, semente... ata o coidado da poboación, hai que ter en conta que cada ano morren cinco millóns de nenos pola fame. O tratamento de 45 días para eses rapaces costa 40 euros. -E a poboación pode axudar mercando ese cadros. -O traballo dos artistas o doaron integramente a Acción contra a Fame, así que os veciños do Salnés poden axudar mercando as fotos e os gravados. Os interesados poden pedir máis información no centro comarcal.
