Auga baixo control

RUTH FERNÁNDEZ

AGRICULTURA

ATALAIA | O |

08 jul 2006 . Actualizado a las 07:00 h.

FÁLASE da sequía, dos problemas que hai coa falta de auga, mentres as estadísticas informan de que o europeo medio consume unha cantidade de auga que permite falar dun gasto de arredor de tres litros diarios para cociñar e beber, corenta no inodoro, cento cincuenta para o emprego da ducha, da lavadora, do lavavaixelas¿ así como preto de douscentos corenta en actividades industriais, sen contar a cantidade de auga que se emprega na agricultura. Son habituais os encontros relacionados coa auga. Esta misma semana diversos expertos xuntáronse en Castro Ribeiras do Lea e coincidiron na necesidade dunha adecuada xestión do líquido elemento. A próxima Expo 2008, a celebrar en Zaragoza, tamén terá a auga como eixo central para todos os países participantes que xa son mías de trinta. É necesario que a xente se conciencie do verdadeiro problema, pois como insinuaba o spot televisivo co que nos acribillaron nos pasados meses, o que conta é o 'total'. Total porque ás veces despilfarremos a auga mantendo as billas abertas mentres lavamos os dentes ou fregamos os platos, total porque poñamos a lavadora a media carga¿ O problema está precisamente aí. Ao contrario do que facemos a cotío os europeos, un asiático medio consume unha quinta parte. Sabemos que canta máis auga se empregue, máis depuradoras serán necesarias para limpala e máis escaseará. A maioría dos problemas débense aos contaminantes, que son difíciles de eliminar, polo que resulta importante ter en conta que ás veces son as propias industrias as que tratan de reciclar a auga que empregan antes de vertela como residual. Ao afeitarse ou lavar os dentes débese pechar o grifo, e ducharse en vez de bañarse, co que poden aforrar l50 litros de cada vez que se faga e non por iso ser menos hixiénico. Non fai falta encher a bañeira para meternos nela. Tamén debe poñerse especial atención evitando que existan avarías nas cañerías ou grifos que gotean, o que pode supoñer unha perda de 30 litros diarios. Polo demais, é aconsellable regar ao anoitecer para evitar que a auga se evapore, sen abusar dela para estes fins, usar a lavadora e o lavavaixelas cheos. Pois se retomamos algúns datos estatísticos, só o 2,8% da auga do noso planeta é doce, atopándose en lagoas e ríos, por iso non debemos malgastala. Debemos consumir con control, sen despilfarros.