Polbo, bacallau e ricos no «Come a comarca» da Terra de Melide

O programa de TVG mostrará os segredos da gastronomía desta zona


REdacción / LA Voz

Despois de dúas vitorias seguidas, os cociñeiros afeccionados que concursan no programa Come a comarca (TVG, 22.30 horas), chegan con forza a Terra de Melide. Esta é a comarca que protagoniza esta noite o talent show gastronómico que produce Voz Audiovisual. Nesta oitava entrega o programa mostrará os segredos dos pratos máis típicos da zona.

O menú protagonista que deberán elaborar os dous equipos está composto de cazoliña de polbo con cogomelos e gambóns, bacallau á galega e ricos con mousse de queixo. Nesta ocasión será Pedro Coego, do Recuncho do Convento, en Melide, o encargado de mostrarlles aos concursantes a riqueza da gastronomía da Terra de Melide. Comezarán polo entrante, no que o ingrediente principal será o polbo, o mesmo polo que moitos peregrinos fan un alto no Camiño de Santiago na vila para degustalo. Neste caso Ernesto, da polbeira Garnacha, ensinaralles como se prepara o polbo ó estilo máis tradicional e ao mesmo tempo os participantes verán como se cociña e se serve o polbo nunha feira que montarán na praza de Melide.

Para o segundo prato visitarán o ultramarinos Casa Juanito, ao fronte do que está Juan José, lugar de referencia onde mercar as follas de bacallau, un dos peixes que máis se consumía fai décadas, cando era complicado atopar produtos frescos e a razón pola que se converteu nun dos pratos típicos desta comarca do centro de Galicia. Unha vez coñecidos os segredos para comprar o mellor xénero, Diego, de Casa Xaneiro, en Toques, explicaralles como sacarlle un bo partido e elaborar un exquisito bacallau á galega.

E por último para a sobremesa, Rubén de Casa Melchora aprenderalles a facer ricos, menos coñecidos cos melindres pero igual de saborosos. Irán á Casa do Queixo de Sobrado dos Monxes para ver como se fai o queixo Arzúa Ulloa e con el o reposteiro Manuel Garea mostaralles os segredos dunha exquisita mousse para acompañar os ricos.

Quince veciños da comarca serán os encargados de elixir cal dos dous menús é o gañador. Os concursantes de Come a comarca, que presenta o arzuán Fran Cañotas, deberán medirse a un equipo formado por Mercedes Parrado e Maricarmen Bruzos da polbeira Ezequiel de Melide, Omaira Rodríguez e Darío Vivas da cafetería Plaza de Sobrado dos Monxes e Alberto Rodríguez da confeitería Estilo, tamén de Melide.

Los sabores de las Terras de Melide, en «Come a comarca»

Montse García

El programa televisivo, que se emitirá este martes por la TVG, contará con la participación de chefs de la comarca

En la carta para degustar los sabores de las Terras de Melide, cazoliña de polbo con gamas e cogomelos, bacallau á grella y ricos con mousse de queixo de Arzúa. En los fogones para sacar todos sus matices, por una parte, reputados cocineros de la zona expertos en la elaboración de estos productos, y, por otra, los concursantes del programa televisivo Come a comarca, que en el capítulo ofrecido este martes por la Televisión de Galicia recala en Melide.

En esta ocasión, el equipo de concursantes del programa contará como guía con Pedro Coego, del Recuncho do Convento, en Melide, que será el cocinero infiltrado. Él fue el encargado también de diseñar el menú del duelo culinario de este concurso televisivo de Voz Audiovisual. «Foi unha experiencia agradable, son profesor de hostalería en Lugo e gústame que a xente poida coller aprendizaxes positivos sobre a gastronomía», asegura Coego, para quien lo importante en la cocina «é ir aprendendo cousas novas». En cuanto a los concursantes, «viáselle moita actitude positiva e iso é o esencial». En cuanto a la elección del menú, explica que el pulpo «está moi arraigado á Melide polas feiras e o Camiño». Lo mismo pasa con el bacalao «porque antigamente o pescado que se consumía no interior tiña que ter unha conservación, como é o salgado, e tíñanse nas casas as follas do bacallau». Por último, en el tema de los postres, la elección fueron los ricos, postre típico. El cocinero y profesor considera positivo este tipo de iniciativas encaminadas a «apuntalar e promocionar a gastronomía tradicional galega».

Seguir leyendo

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

Polbo, bacallau e ricos no «Come a comarca» da Terra de Melide