Alberto Romar, próximo alcalde de Santa Comba: «Pido aos que van ser oposición tres anos e medio de unión, e xa deixaremos medio ano para acoitelarnos outra vez nas eleccións»

Olimpio Pelayo Arca Camba
o. p. arca SANTIAGO / LA VOZ

SANTA COMBA

Sandra Alonso

Ten xa definido o goberno, que sumará catro dedicacións parciais á súa exclusiva para que os edís se centren no seu traballo no concello

03 jun 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

Alberto Romar (Santa Comba, 1990) deixará a súa empresa de eventos, actividades extraescolares e conciliación familiar a vindeira semana, para o día 17 tomar posesión como alcalde socialista xalleiro. Con Antonio Leira como referente político e personalizando en Bernardo Fernández o agradecemento a un PSOE que lle deixou toda a liberdade na campaña, Romar fala claro do que quere facer no seu concello.

—Tres candidatos con experiencia, que xa sabían o que era ser alcalde, chega un neófito e gana. Como se explica?

—Non teño nada en contra deles, pero xa foron alcaldes desde o ano 2007, que foi cando empezou o decaemento do Concello de Santa Comba. Xa tiveron a súa oportunidade: entre os tres foron alcaldes en seis ocasións. Non cambiaron de política individual a colectiva, e iso penalizounos moito. A xente quería unha maioría absoluta, de quen fora, notouse moitísimo nos comentarios. E nós tivemos moi bo grupo: non foi fácil facer a lista, porque tiñamos moita máis xente que postos había, pero entre os primeiros cada un é especialista na área que vai levar.

—Vostede prognosticou a primeira maioría absoluta do PSOE en Santa Comba. Estaba convencido ou era o que lle tocaba dicir?

—Eu sabía que había posibilidades de ganar a maioría absoluta, pero o que máis me custou foi facer entender á xente, mesmo do PSOE, que se podía conseguir. Unha das claves para ganar foi o acercamento á xente de centro e de centro dereita, explicarlles que as siglas non son máis importantes que o pobo; e deixar atrás os tempos nos que no Partido Socialista se tomaban as decisións de maneira unilateral, sen facer partícipes á militancia nin aos simpatizantes. Pola súa banda, no PP non había organización ningunha, perdeuse hai moitos anos, non contaron coa xente.

—Desde hai 16 anos ningún alcalde rematou o mandato. Romperá esa maldición e quedarán atrás as mocións de censura?

—Non é que rompa esa maldición, vou ser alcalde 20 anos.

—Tan convencido está?

—Estou convencidísimo porque me estou dando conta nestes primeiros días que o único que hai que facer no Concello de Santa Comba é ter en conta aos traballadores, ser boa persoa, facer que os traballadores sexan e se sintan útiles, que saiban o seu traballo, ser educado e ter man esquerda con eles. Eu creo que o problema que houbo con eses tres candidatos é que nunca dirixiron unha empresa cun certo volume de traballadores. Eu teño moitos defectos, pero son moi bo no control de grupos, é a miña especialidade.

—Que será o primeiro que faga cando tome posesión?

—Hai actividades inminentes, como as do verán, que temos que sacar adiante seguindo o traballo dos antecesores, porque xa non hai tempo para cambios. Temos que mirar o estado das contas municipais; examinar as moitas obras de plans provinciais que quedan por executar. E sobre todo, organización: voume sentar cos traballadores, e haberá concelleiros que se dediquen tres meses a falar con eles, e ver os seus proxectos. No Concello hai persoal de baixa na casa con ansiedade e depresión, que van volver cando se recuperen. Eu son feliz traballando, e necesito ao meu arredor xente feliz, que é moito máis produtiva.

—Terá dedicación exclusiva?

—Por suposto. Van ser a miña total e catro parciais, que deixarán o seu traballo para centrarse no concello. Non me tremerá o pulso á hora de establecer os seus soldos, danme igual as críticas. Nun ano a xente vai saber por que cobra esa xente, e ningún deses catro edís [los cuatro que le siguen en la lista] baixarán de 8 horas de traballo ao día. O reto é que a fin deste ano a xente saiba a quen chamar para cada cuestión.

—Xa ten logo o seu goberno?

—Eu levarei Persoal; Noelia Baleato, Turismo, Área do Maior e probablemente Asociacións; Patricia Val terá Cultura, Deportes, Educación e Medios Tecnolóxicos; Estefanía Calvelo, a área para min máis importante, Servizos Sociais; Pablo Negreira, Urbanismo e Obras; e sen dedicacións, Carlos Turnes terá Medio Ambiente e Gandaría; e Salomé Bustelo, Eventos e Festas.

—Que demandas ve urxentes?

—Hai deficiencias no PAC de Santa Comba, que atende a 13.000 persoas porque suma Mazaricos, que non se poden permitir: a miña avoa ten que coller o coche para ir facer unha radiografía a Muros. O polígono industrial é clave, e imos esixir educadamente investimentos á Xunta. Tamén nas estradas: a que vai cara Santiago é unha demanda histórica, e na de Coristanco hai compromiso da Deputación de arranxala. Eu confío en que na Xunta me atenderán ben. E pido desde aquí aos que van ser oposición tres anos e medio de unión, e xa deixaremos medio ano para acoitelarnos outra vez nas eleccións.

El voto se concentró: el 87 % fue a PSOE y PP

Alberto Romar logró la mayoría absoluta con 2.898 votos, el 48,21 % de los emitidos, logrando 573 más que los 2.325 del PSOE en el 2019 y subiendo de seis a los siete ediles que le garantizan el gobierno municipal; por su parte, la lista del PP que encabezaba María Pose alcanzó 2.321 papeletas (38,61 %), perdiendo 274 votos respecto a los anteriores comicios, y alcanzó las mismas seis actas que entonces firmó. La clave en Santa Comba estuvo en la fortísima concentración del voto: entre PSOE y PP suman casi el 87 % de papeletas, mientras las otras tres formaciones en liza se repartieron un 12,53 %.

Espazo Común de Ucha contabilizó 338 sufragios (5,62 %), y el BNG de Sixto subió 63 votos (de 181 a 244), con un 4,05 % insuficiente para obtener representación en la corporación xalleira. Por su parte, el Partido Galego de Miguel Pérez registró 172 papeletas (2,86 %).

Es la primera vez que el PSOE consiguió la mayoría absoluta en Santa Comba, y la de Romar es la primera en veinte años: para localizar la anterior, hay que remontarse a la que logró Toja Parajó en el 2003 para un Partido Popular entonces hegemónico.