Natalia Devesa: «A Carrilana e o tardeo do Nadal proban que se pode gozar na zona vella de Santiago»

Olalla Sánchez Pintos
Olalla Sánchez SANTIAGO

SANTIAGO

SANDRA ALONSO

La hostalera santiaguesa dirige con éxito desde el 2019 el histórico café bar de la rúa de San Paio de Antealtares, desde donde promovió festejar de día las grandes fechas de Navidad. En las redes sociales también gana aplausos con sus vídeos «Namorados de Compostela»

05 ene 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Revive con emoción lo vivido en estas Navidades en la praza de San Paio, frente a su local, el emblemático café bar A Carrilana, desde donde promueve desde el 2019 la celebración diurna de Nochebuena y Fin de Año. «Ver que media hora antes de que comezara a festa, familias chegaban totalmente vestidas, con diademas e xerseis navideños, e con ganas de pasalo ben, emociona. É moito traballo, pero vale a pena. Xa é case como unha nova tradición compostelá; ata pensas que o de vir celebrar a Noiteboa á zona vella pode converterse nun referente», defiende con orgullo local Natalia Devesa, la compostelana de 42 años que nació, vive y trabaja en el casco histórico.

«Crecín na casa que é hoxe o Bar Tolo, na rúa da Fonte de San Miguel. De maior, merquei un piso no Preguntoiro. Non me movo destas rúas, de "o barrio". Moitos rapaces da zona xogabamos xuntos. Algúns, aínda amigos, levan bares por aquí. Eu comecei como camareira no pub Século IX, na mesma rúa de San Paio de Antealtares», evoca Natalia, sonriendo ante la casualidad. «Tras estudar no colexio López Ferreiro e no IES Rosalía de Castro, elexín Relacións Laborais, pero mentres, e para ter un diñeiro extra, comecei nese bar, e vin que me gustaba. Encántame o trato coa xente. Síntome ata máis hostaleira que empresaria. Aínda hoxe, en A Carrilana, non me custa estar dende que abrimos ata o peche», afirma.

«No 2009 asenteime no pub Sónar, que abría. Esa foi unha etapa preciosa, na que aprendín. En ano e medio era a encargada. Era un local con identidade, no que programabamos eventos, como o festival SantiAutor, de música de autor. Trouxemos á sala cantantes que despuntaban fóra, como Rozalén, e que aquí aínda non eran coñecidos. Era bonito ver como iso emerxía. Nun concerto de Andrés Suárez apareceu e cantou por sorpresa Pablo Milanés», acentúa.

A lareira del café bar A Carrilana
A lareira del café bar A Carrilana SANDRA ALONSO

«Tras nove anos pensei xa nun proxecto meu. Busquei un bar con personalidade e a través dun dos meus cinco irmáns, que coñecía a Fuco e a Toni, os dous hostaleiros que levaran A Carrilana, collín este bar no 2019. Cos seus grandes ventanais e a súa historia, como ter sido no século XIX unha estación da que partían as carrilanas, entroume polos ollos. Este era o local en maiúsculas... Din que na lareira do piso superior, os pasaxeiros, mentres agardaban a carruaxe, quentaban a comida», muestra. «Puxen nunha esquina unha cociña. Mudei o local ao día. A pandemia, que me colleu cedo, empuxou niso. No confinamento, comecei a enviar caixas con brunch para un almorzo tardío ou unha comida temperá, e o boca a boca fixo o resto. Na reapertura, a xente xa viña a mediodía. Hai ano e medio deixei os brunch e pechei polas mañás para non ficar no bar 18 horas. Hoxe centrámonos nas tardes, coas merendas e as tortitas, e chegamos ata a primeira copa. Esa variedade axuda a chegar a moitas idades...», reflexiona, reconociendo que, al mismo tiempo que su local, de culto, cogía cada vez más eco, ella también sumaba adeptos en las redes por los vídeos Namorados de Compostela, en los que enseña negocios que apuestan por el casco histórico.

«Dá lástima ver que nesta zona hai moitos menos veciños e non entendo tanto o porqué. Faltan servizos, pero eu vivo ben aquí. Ás veces doe escoitar o de "Non subo á zona vella porque hai moita xente"... As gravacións son unha mostra de que vale a pena vir a estas rúas, onde aínda hai comercio con identidade. Distintos bares, tamén A Carrilana, ou celebracións, como a que facemos de despedida do verán, ou eses vermú-tardeo en Noiteboa e Fin de Ano, son un reclamo e proban que se pode vir e gozar aquí», resalta.

«O desas festas de Nadal comezou porque eu, en ámbalas datas, tomaba o vermú coas amigas e irmáns, e íamos pechando os bares. No 2019, xa coa Carrilana, pensei en poñer música fóra e convidar a celebrar esas datas desde o mediodía e ata a tardiña. Colleu sona, sobre todo porque o tardeo é un costume que a xente demanda. Este ano coordinámonos seis bares do barrio e foi unha explosión, coas rúas cheas, con prebadaladas o 31 e ata co meu marido disfrazado de Papá Noel», apunta agradecida. «Cando entra un camareiro novo, dicímoslle que non será un "Carrilano" ata que traballe en Noiteboa. Nós tamén desfrutamos», asiente.