De gastronomía a medicina, alternativas de ocio do último martes de febreiro
PONTEVEDRA
Esta tarde poderanse gozar coas proxeccións dos filmes «Una receta familiar» e «A savana e a montanha»
24 feb 2026 . Actualizado a las 05:00 h.Gastronomía, pintura e medicina danse a man na axenda cultural de Pontevedra e a súa contorna do último martes de febreiro.
Música
Hoxe • 17.30 horas • CMUS Manuel Quiroga • Baixo o título de Guitarra en conxunto desenvolverase un concerto-coloquio en conxunto con alumnado e exalumnado do centro. E como remate, os asistentes poderá gozar dunha chocolatada.
Cinema
Hoxe • 18.30 horas • Mercado de Abastos • O festival de cine gastronómico continúa coa proxección de Una receta familiar, película coa que Eric Khoo relata a historia de «Masato, un novo chef de ramen que quere saber máis sobre o pasado dos seus pais falecidos, deixa a súa cidade natal en Xapón embarcándose nunha viaxe culinaria cara a Singapur para atopar a verdade sobre o seu pasado e a súa familia. Durante esa deliciosa odisea, Masato descubrirá os segredos dos seus devanceiros, suculentas receitas e moito máis».
Cinema
Hoxe • 20.30 horas • Teatro Principal • O Cineclube Pontevedra proxecta A savana e a montanha, do director portugués Paulo Carneiro. Trátase dun «documental híbrido que captura a loita creativa dos habitantes de Covas do Barroso, no norte de Portugal, contra os plans da empresa británica Savannah Resources, que quere construír a mina de litio a ceo aberto máis grande de Europa a poucos metros das súas casas. Ante esta ameaza inminente, a comunidade reúnese para organizarse e expulsar a compañía das súas terras, utilizando actuacións musicais e escenificacións inspiradas no western para visibilizar a súa resistencia. A través da arte e da solidariedade, a veciñanza non só defende o seu territorio, senón que tamén afirma a súa identidade cultural, loitando por un futuro no que as súas voces sexan escoitadas e respectadas», destacaron dende o cineclube en torno a un filme que foi estreado na Quincena de Realizadores do Festival de Cannes de 2024, ano no que recibiu o Premio Tiempo de Historia na Seminci.
Conferencia
Hoxe • 19.00 horas • Casa das Campás • Coordinada polo xornalista Rafael López Torre e coa participación do médico Fernando Filgueira e membros da tertulia do Blanco y Negro, o Ateneo de Pontevedra organiza a conferencia Homenaxe a Aniceto Núñez.
Medicina
Hoxe • 11.30 e 18.30 horas • O doutor Enrique de Madaria, un dos maiores expertos internacionais en páncreas, visita a cidade para, nun primeiro momento, desenvolver un encontro privado con profesionais sanitarios no Hospital Montecelo, o que se coñece como Meet & Greet, ao que seguirá, a partires das 13.30 horas, unha clase maxistral no salón de actos deste centro sanitario baixo o título de Pancreatitis aguda: decisiones críticas en tiempos clave. Xa pola tarde, e na sede de Afundación, abordará o Cáncer de páncreas: mitos, titulares y realidad clínica.
Literatura
Hoxe • 19.00 horas • Sala multiusos del Centro Social do Mar • A Libraría Miranda de Bueu organiza a presentación do libro Las trampas de la pornografía. La sexualidad que deseamos, de Amada Traba, Priscila Retamozo e Chis Oliveira. O acto contará coa intervención de Leo Gala. Dende Miranda sinalaron que «falar de sexualidade non corrompe: educa, coida e transforma. Non debería de ser un tabú que alimente medos, vergoñas ou silencie violencias. É un dereito, unha forma de relacionarse, de coñecemento ecomiconal e corporal compartido. Este libro é un convite urxente e necesario a repensar a educación sexual que ofrecemos ? ou evitamos ofrecer, a nenas, nenos e adolescentes, cando a pornografía parece terse imposto como a principal escola informal, que ensina sen explicar e educa sen que lle pregunten nunha sexualidee xerárquica e desigual entre homes e mulleres, que obxectualiza os corpos e erotiza a dominación e a violencia».
Exposición
Ata o 8 de marzo • Liceo Casino • Este luns inaugurouse unha exposición de Jacinto Cajete e Eulogio Tordesillas que reúne paisaxes, bodegóns e obras sobre papel realizadas polos dous artistas. A mostra incluirá, o 2 de marzo, a presentación do libro Memoria de Cans e Serpes, de Luis Alberto García González.