Primeira sesión do Mes do Teatro de Caldas de Reis

PONTEVEDRA

CEDIDA

02 oct 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

Este domingo, coa representación de De algo hai que morrer!, a cargo da compañía Malasombra, arrancará en Caldas de Reis a programación do Mes do Teatro, «unha cita que xa ten fixa no calendario cultural de outono e que goza dunha gran acollida na vila termal».

Deste xeito, serán cinco as representacións teatrais que se poñerán en escena no Auditorio Municipal durante os domingos (19 horas) do mes de outubro e unha sexta o día 27 no IES Aquis Celenis (12.30 horas). Todas elas, dirixidas a un público de máis de 14 anos, con entrada libre ata completar aforo.

A concelleira de Cultura, María López, animou á veciñanza a participación nesta actividade mensual resaltando o feito de que «haberá moitas risas», pero matizando que, «aínda que o obxectivo da comedia é facer rir ao espectador, sen embargo, sempre hai unha mensaxe didáctica e reflexiva de fondo».