Caldas Medio Rural di que o edificio non abrirá antes do primeiro trimestre do 2007 A proposta para ubicar a sede da ADR Ulla-Umia aínda non foi estudada
03 oct 2006 . Actualizado a las 07:00 h.?s veciños da comarca Ulla-Umia terán que seguir esperando para facer uso do centro comarcal de Caldas. A súa entrada en funcionamento, prevista pola Consellería de Medio Rural para o último trimestre deste ano, volve retrasarse. O xerente da Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal, Emilio Martínez, confirmouno onte e puxo como novo prazo o primeiro trimestre do 2007. Emilio Martínez restou importancia á demora, que achacou a dous procesos que están en marcha: o amoblamento do edificio ubicado na finca A Tafona e a definición de contidos e usos. Sobre a proposta do alcalde de Caldas, José María Tobío, para emprazar no inmoble a sede da Asociación para o Desenvolvemento Rural dos Vales do Ulla e Umia (ADR), que xestiona o proxecto Leader Plus, indicou que todo dependerá do espazo disponible, xa que o deseño do centro é moi pouco funcional. O xerente comentou que hai aspectos xa cerrados, como que unha das exposicións permanentes xirará en torno a auga e que as temporais combinarán a promoción de artistas locais cunha programación da propia Sociedade. O centro comarcal albergará a sede da Fundación Comarcal. «O de Caldas e o de Mondoñedo serán os primeiros centros desta nova etapa e queremos que sexan espazos da cidadanía e elementos dinamizadores das comarcas», apuntou Emilio Martínez. As obras do centro rematáronse no verán do 2005.