DENDE A VENTÁ | O |
29 may 2004 . Actualizado a las 07:00 h.HOUBO un tempo onde toda cidade que se preciaba presumía dos seus atascos. Eses tempos quedaron na prehistoria. Agora vemos como o tráfico convertíuse, segundo a última enquisa de Sondaxe, na principal preocupación dos pontevedreses. E como viciño de Marín e traballador habitual nesta cidade suscribo ese sentimento. Gustaríame falar das comunicacións aos centros sanitarios. Eu vivo en Marín. Atravesar a vila hai tempo que é unha odisea, sobre todo na avenida de Ourense. Ademais, sempre hai que tomar unha difícil decisión: coller o autobús -que non se sabe cando vai pasar e ás veces semella unha lata de sardiña- ou conducir un coche. Calquera alternativa é mala, sobre todo se se está enfermo. Voltemos ao caso e falemos, por exemplo, de Mollabao. É notorio a falta de espazo para aparcamento público, e se seguimos así os coches estacionados han chegar ata Os Praceres. Se imos ao Provincial a cousa é pior. aínda que se se esgota a paciencia pódese usar un párking -previo pago, como non-. E está o labirinto de Montecelo, perdón, chamémolo mellor un complexo hospitalario modélico aínda que sen historiales, que se non se nos enfada Cochón.