Amigos do Patrimonio prepara visitas guiadas a Santa Cristina e Santo Estevo de Ribas de Sil

La Voz

CELANOVA

15 sep 2007 . Actualizado a las 02:00 h.

A asociación Amigos do Patrimonio de Lemos programou unha serie de iniciativa coas que reanudará a súa actividade despois do período vacacional. Unha destas actividades, prevista para o 6 de outubro, consiste nunha xornada de visitas guiadas a Santa Cristina e Santo Estevo de Ribas do Sil, dous importantes mosteiros da Ribeira Sacra ourensá. Un autocar sairá da praza da Compañía ás 15.30 horas para levar aos participantes. Previamente, para o próximo día 23, a asociación prepara unha visita guiada ao mosteiro ourensán de Celanova, onde se ofrecerá ademais un concerto de órgano. Esta excursión organizarase en colaboración coa Sociedade Filarmónica de Monforte. O autocar que levará aos participantes sairá da Compañía ás 9.30 horas. Para inscribirse hai que chamar aos teléfonos 680????412????299 ou 669????295????362. Por outra parte, o colectivo organizará unha excursión a Ponferrada para visitar a exposición histórica Las edades del hombre . A viaxe farase nun autocar que sairá da Compañía ás 10.30 horas do 20 de outubro.