O catolicismo, esa secta teocrática, segue a ser o berce da soterrada Inquisición, bendecida polo PP. ¡Fora os torquemadas! Esto atinxe ao aínda recente caso, tan sangrento, de don Antonio Fernández Blanco, párroco dalgúns pobos de Ourense, suspenso por ter cometido un ¡tan execrable crime! O de ser electo concelleiro en A Gudiña, polas listas do PSOE. ¿E se tivera ido polas do PP? Claro que a Ourense, de eses pois lle nacen estes todos. Co Partido Popular vannos crecer os enanos. Quixérono: votos nas furnas, máis dos que era merecedor. Aí tendes, ourensáns, a colleita da licencia que outorgastes a os «pepeoinistas». ¡Así nos luce o pelo a todos!
Antonio voltou a Piñor hai tres semanas. ¡Ánimo! As listas do PSOE agardan súa volta. ¿Todos lle teñen ise medo aos xerarcas do catolicismo? Dos cobardes non se escribiu nada. Os felpudos son para limpar os pés. É mellor morrer de pé que vivir de xeonllos. Non abandone seu ideal por convencionalismos nados en mentes pigmeas. O medo é mal compañeiro, a submisión unha celestina... ¡O profeta Nazareno foi un grande socialista e morreu por seu ideal!