No norte de Galiza

| ISAAC DÍAZ PARDO |

OPINIÓN

29 ago 2005 . Actualizado a las 07:00 h.

NON HAI outra zona da nosa terra máis abandonada de comunicacións. O que din «Autovía Transcantábrica» non vai perto da costa cantábrica de Galiza. Ao chegar a Ribadeo enfila cara a Terra Chá deica Baamonde onde segue a autovía até Coruña. Trátase só dun enlace coa Transcantábrica de Asturias. Cando o do Prestige para consolarnos falaron os de Madrid de facer un AVE que unira Ferrol con Bilbao e até nos dixeron que estaban xa co proxecto. De Ferrol a Bilbao xa funciona un trenciño de trocha angosta que non serve para algo (FEVE) que tardaron cen anos en facelo. Craro que un tren aínda que non fora tan veloz que unira a costa cantábrica galega con Francia sería útil e lóxico. Por esa costa temos Ortigueira, O Vicedo, Viveiro, Xove, Cervo, Burela, Foz e Ribadeo, que suman un lote de provocación, e algunha industria de envergadura como Alúmina-Aluminio; tería saidas ao Valadouro, Lourenzá e Mondoñedo. Esto ben a conto que con esto dos Encontros Estivais de Sargadelos viñeron a esta parroquia o conselleiro da Presidencia, Méndez Romeu, a de Vivenda, Teresa Táboas, a de Cultura, Ánxela Bugallo e a súa xefa de gabinete, Fina Casal, e o director xeral de Creación e Difusión Cultural, Luis Bará, e no resto de Galiza ninguén se enterou que unha parte do Goberno galego desaparecera de Santiago. É unha pena, pois esta xente, que eu conozo ben, está preoucupada por Galiza, por lle buscar un camiño que a situe mellor no destino dos pobos ibéricos. ¿Que se lles perdía acó a esta xente con cargos tan responsables? Sen dúbida tomar contacto con algo que dura no tempo, como é a 34 edición estival dos Encontros motivo que fala da recuperación de Sargadelos pensada por xentes moi importantes de Galiza que tivo que exiliarse, e moitos morreron no exilio, polo seu compromiso político co seu amor a esta terra, como Rafael Dieste, Lorenzo Varela, Blanco Amor; Lois Tobio, Núñez Búa, Antonio Baltar, Arturo Cuadrado,... e quen recolleu o pensamento destes homes: Luis Seoane, e aínda que morreu antes, pensando sempre na recuperación das institucións galegas, estaba o espíritu e o compromiso de Castelao. Quer dizer que o Laboratorio de Formas que creamos Luis Seoane e eu, e xa en Galiza se incorpora Fernández-Albalat, recolle o pensamento deste grupo de exiliados e proxecta unhas institucións que responden a un movemento cultural social e político, por riba das Sociedades Mercantís polas que se veu obrigado a operar. Isto sábeno estes personaxes que nos visitaron e así todos mostraron as súas preocupacións polos problemas esturais de Galiza, polo territorio como base das nosas inquedanzas.