Entrevista | Xosé Luís Louzao
09 dic 2005 . Actualizado a las 06:00 h.Vacas, linces, lobos, xabaríns... Non é a arca de Noé senón algúns animais que aparecen nas obras expostas por Xosé Luís Louzao en Monterroso. A mostra, traballos elaborados con acuarelas e outras técnicas, inaugurouse o día dous e pecharase o 17. -É unha representación da natureza. Se a vexetación é natureza morta, que tampouco o é, un animal que salta dá máis vida a esa situación. -¿Que trazos particulares atopa hoxe na paisaxe da Ulloa? -Quizais o abandono da agricultura fai que a paisaxe sexa agora máis salvaxe. Iso vai en detrimento de especies como as perdices, que diminúen porque teñen menos espazos dedicados a labradío de cereais. En cambio, aumenta o xabarín. -¿Interésalle esa natureza por algo máis? -É a cabeceira do río Ulla. Agora, coa política que hai na Xunta, non se farán encoros, e o río seguirá vivo. -¿Hai cores especiais? -É algo moi interesante, porque hai dende vexetación case mediterránea ata outras especies que collen as súas cores cando entra a primavera.