Un día de celebración xacobea en Monforte 

MONFORTE DE LEMOS

Membros da asociación Camiños a Santiago pola Ribeira Sacra estrearon o estandarte da entidade asistindo a unha misa na igrexa da Régoa
Membros da asociación Camiños a Santiago pola Ribeira Sacra estrearon o estandarte da entidade asistindo a unha misa na igrexa da Régoa FRANCISCO ALBO

As campás de tres igrexas da cidade tocaron simultaneamente e a asociación Camiños a Santiago pola Ribeira Sacra presentou o seu estandarte

25 jul 2021 . Actualizado a las 13:27 h.

Un grupo de integrantes da asociación Camiños a Santiago pola Ribeira Sacra celebrou hoxe en Monforte a festividade do Apóstolo Santiago presentando o estandarte que esta entidade utilizará a partir de agora nas súas actividades públicas de promoción do Camiño de Inverno. O acto levouse a cabo antes dunha misa que se oficiou á unha do mediodía na igrexa da parroquia da Régoa. Por iniciativa da asociación, as campás desta igrexa e das de San Vicente do Pino e o convento de Santa Clara soaron simultaneamente durante un cuarto de hora a partir das doce. No caso da igrexa de San Vicente, as campás foron tocadas de forma manual. Con estes actos, a entidade sumouse a unha iniciativa promovida polos campaneiros da catedral de Pamplona para celebrar o ano Xacobeo en numerosas igrexas situadas ao longo dos diferentes camiños de peregrinación a Santiago.