— Tampouco parece moi común o nome de Salvadur, que era antes o de Rozavales e que se mantén na Pobra do Brollón.
—Non é nada frecuente e pola información que teño, é tamén un caso único en Galicia. Ten o mesmo significado que Salvador, pero o feito de que a palabra acabe en «ur» en non en «or» indica que foi tomada directamente do latín. Polo tanto, ten todo o aspecto de ser un topónimo moi vello, dos primeiros séculos da Idade Media.