Ave en man

Xulio Xiz

LEMOS

14 jun 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

A primeira vez que viaxei en tren, de Lugo á Coruña, empeñeime en ollar pola ventanilla aberta, e fiquei perdido de carbonilla. Foi un bautismo ferroviario virado a negro, que aquel tempo era así.

Logo, cando entre Lugo e Madrid viaxaba en litera ou coche-cama tiña a sensación de ser un potentado, a pesar das once horas de traqueteo espertando en todas as estacións nas que o tren se detiña.

No meu tempo no Concello, organizamos unha viaxe en tren entre Lugo e Monforte para que os nenos lucenses coñeceran este medio de transporte, e a viaxe ?polo menos non se mancou ninguén- rematou coma o rosario da aurora, despois de que o tren cansara no medio dun tunel aló por Oural. Non volvín viaxar nos trens da Renfe.

Entérome agora de que o Ave entre Ourense e A Coruña vai empezar a circular a fin de ano con cinco viaxes diarias, e non podo evitar que os dentes se me poñan ávidos de morder algo consistente. Porque a pesar de que o tren e o coche conseguiron arredarme das viaxes en tren, xa que o Ave é a panacea das novas comunicacións por terra, seguro que vai ser unha solución perfecta para desprazamentos de medio e longo recorrido. Pero se quero ir a Ourense en Ave teño que ir á Coruña, e viceversa, quedando Lugo aillado, xa que a pesar de ter un ministro amigo, o Ave pasa de nós en lugar de pasar por nós.

Vale máis Ave en man que cento voando. Ourense e Coruña téñeno case na man. O noso Ave, polo de agora, voa máis alto que os avións que se ían reparar no aeródromo de Rozas.