Un plus de motivación

Javier Olleros

FIRMAS

08 sep 2013 . Actualizado a las 06:58 h.

O obxectivo de Culler de Pau é seguir gozando da nosa paixón que é a gastronomía, dado que cun concepto de restaurante gastronómico cunha proposta persoal e singular, dende unha aldea como é Reboredo e nun pobo onde case toda a oferta se concentra no verán, son necesarios vehículos de promoción que te sitúen no mapa culinario do país e acheguen un público interesado pola nosa cultura e identidade gastronómica durante todo o ano. Por todo isto a Guía Michelin, por historia e prestixio, está considerada un referente no mundo das guías para a clasificación dos restaurantes de calidade. En Culler, a consecución da estrela foi un plus de motivación para seguir soñando con este proxecto, e a entrada dun público que non nos visitaría se a guía non puxese o foco das estrelas sobre o restaurante. A verdade é que en Culler de Pau estamos encantados de formar parte da Guía Michelin.