«O que nos interesa é conservar o núcleo principal, a amizade»

Yolanda García Ramos
YOLANDA GARCÍA O VALADOURO / LA VOZ

FIRMAS

A asociación celebrou onte en Ferreira o seu XI Xantar do Cocido

17 feb 2013 . Actualizado a las 07:00 h.

Enrique Geada (Triana-Ferreira, 1966) preside a Sociedade Gastronómica Os Cacholeiros, con más de 20 anos de vida. Onte fixéronlle toda unha unha homenaxe ao seu símbolo oficial, o porco, degustando o XI Xantar do Cocido no Valadouro. «Dende o 1992 xa levamos unha andaina bastante longa. -explica- Realmente é moi bonito. Agora case todos nós estamos entrando nos 50, tamén houbo novas incorporacións. Fixemos moitas cousas, pola xeografía galega case toda... Adoitamos facer 5 ou 6 actividades ao longo do ano e cada vez nos centramos máis no noso contorno. Antes saiamos máis lonxe pero a xente vai tendo máis obrigas familiares». Geada valora a evolución a mellor da gastronomía na Mariña e o bo traballo de Hostalería en Foz, «de onde están saíndo moi bos profesionais».

-Fixeron quilómetros. ¿E quilos?

-Non houbo queixa. E iso que vamos a menos nas comidas, cada vez somos máis exquisitos. Xa non é o que era. Lémbrome duns callos que comeramos na Naranja, cuns empanzamentos impresionantes, pero iso non ocorre, nos medimos máis. Ao tempo que nos imos moderando, tamén imos probando a nova cociña, a que é de miniatura.

-¡Mágoa que pechara El Bulli!

-Nós estamos moito en contacto con Miguel Vila, que ten agora un novo proxecto, Ben-Bo, e nos fai algunha recomendación. Nestes catro últimos anos queriamos facer cousas máis ambiciosas, pero non se foron cumprindo por circunstancias da vida, porque esta é como unha asociación de amigos. O que interesa é conservar o núcleo principal, a amizade. Somos 16 socios dende fai 5 ou 6 anos.

-¿Cal foi o sitio onde dixeron ?aquí cómese de dez para riba??

-É moi difícil valorar. Realmente houbo sitios bos, como as comidas de caza ás aforas de Lugo, e por aquí xa fixemos varias boas na Xoíña, San Miguel, O Sargo, O Almacén... Andivemos case todo. Fáltanos o Nito, temos unha espiña cravada con el.

-¿Cantos cocidos comeron xa?

-Para min este é o terceiro, pero pero teño algún compañeiro que me di que xa está farto de comer cocido. Temos previsto por maio unha viaxe á Costa da Morte e a finais de ano unha ruta á Ribeira Sacra. Queremos centrarnos algo nas bodegas e cun enólogo facer a cultura do viño.

-E o colesterol, ¿como vai?

-Agora moi mal. Fixen a analítica hai uns meses e me deu alto. Realmente Os Cacholeiros xurdiu cando eramos case todos xogadores de fútbol, pero agora estamos feitos... unha porquería (bromea). Temos que tomar medidas, eu persoalmente..

ENRIQUE GEADA PRESIDENTE DA SOCIEDADE GASTRONÓMICA OS CACHOLEIROS