«Este verán Eido Dourado recibiu unhas 3.000 visitas»

JAMILA GONZÁLEZ BARREIROS / LA VOZ

FIRMAS

A casa museo do creador do municipio de Barreiros Celso Dourado finaliza hoxe a súa cuarta tempada

16 sep 2012 . Actualizado a las 07:00 h.

O espazo de arte e cultura Eido Dourado, situado nas inmediacións da praia As Pasadas de San Miguel de Reinante (Barreiros), finalizará hoxe a súa cuarta tempada de visitas. Os que aínda queiran achegarse poden facelo durante esta xornada de 11.30 a 13.30 e de 18.00 a 21.00 horas. O pintor Celso Dourado (Barreiros, 1960) é o pai e promotor deste concurrido lugar que se encontra na súa propia casa.

-¿De que obras e actos culturais se puido disfrutar este verán no Eido Dourado?

-O Eido Dourado está composto por una obra permanente e outra que renovo anualmente. Neste último caso, este ano expuxen unha serie de obras vinculadas á color; trátase de pinturas feitas con barnices coloreados. Mostro entre vinte e trinta obras, que é a capacidade que ten o Eido Dourado. Ademáis, este ano houbo unha serie de actos culturais. Contamos con Kempallou, un dos grupos de folk máis importantes, houbo un recital de poesía de Olalla Cociña, un concerto de jazz a cargo de Marcos Pereira ou a interpretación de Davide Salvado, o gran renovador do canto en Galicia, entre outros.

-¿Cantas visitas tivo o Eido Dourado esta tempada?

-Durante estes dous meses e medio de verán que permaneceu aberto contamos cunhas 3.000 visitas, entre as exposicións e os eventos. E a cifra que vimos logrando todos os anos. Pouco a pouco, a idea que sempre tiven para Eido Dourado vaise cumprindo.

-¿E en inverno pódese visitar?

-Cando acaba a tempada, deixo unha base da exposición, que se pode ver previa reserva.

-¿Que é o que máis lles impresiona aos visitantes?

-O Eido Dourado é un espazo arquitectónico formado por unha casa autoconstruida por min con materiais reciclados, dentro da cal se expoñen as miñas obras pictóricas e que está rodeada por dous xardíns; un de rocalla e outro de inspiración oriental, é dicir, un xardín zen. Son bastante espectaculares porque non son habituais aquí no norte. Por iso, aos visitantes o que máis lles impresiona é o conxunto en si, a parte arquitectónica e a paisaxística, porque é o máis impactante.

-¿Como lle xorde a idea de montar un museo dentro da súa propia casa?

-A idea principal foi facer un museo e logo adaptei un espacio para vivir eu. No ano 1985 estiven en Suíza e collín a idea de moitos artistas de alí, que onde traballaban tiñan tamén un espazo para expoñer. Entón, cando regresei ao meu pobo decidín facer o meu espacio para expoñer e para vivir. Foi moi duro, traballei nel vinte anos e logreino abrir no ano 2009.

-¿Como se definiría vostede?

-Eu defínome como unha persoa do Renacemento á que lle encantan todos os paos da arte, tanto a arquitectura, como a escultura, como a arte plástica. A miña é unha pintura figurativa con tintes surrealistas, onde utilizo técnicas e medios moi innovadores.