1Lalín reivindicou onte a herdanza do astrónomo Aller, e dende o que un día fora o seu observatorio mirou á bóveda celeste co telescopio adquirido hai uns anos polo Concello. Foron unhas corenta persoas as que participaron da experiencia, nunha cita que se repetirá noutras dúas sesións ata finais de ano. Os interesados poden inscribirse no museo, ou ben chamar ao teléfono 986 78 40 04.
2
Clinident estrea un gabinete de estética
Clinident amplía en Lalín os seus servizos cun gabinete estético o fronte do cal está Loli Vidal, directora de Náyade en Santiago e do centro Spa Náyade de Milladoiro, que conta con máis de vinte anos de experencia. En colaboración con Clinident ofrece dende o luns tratamentos micropuntere, de vitaminas para a pel, radiofrecuencia, fotodepilación e de fotorexuvenecemento de última xeneración. A primeira consulta e a valoración da pel é de balde. As persoas interesadas poden solicitar cita en Clinident, na Praza da Igrexa.
3
Subvención para a Escola de Fútbol Deza
O alcalde de Lalín, José Crespo, na súa condición de vicepresidente da Deputación Provincial de Pontevedra, fixo onte entrega á Escola de Fútbol Deza dunha achega económica de 2.500 euros provintes da entidade provincial para o desenvolvemento das súas competicións e torneos.
4
Actividades no Recreo Cultural
O Recreo Cultural da Estrada, dentro da súa programación de outono, acolleu esta semana un curso práctico de perruquería a cargo dos profesionais de Gaiteiro. Na clase ofrecéronse nocións sobre cortes de pelo e tintes que son tendencia.