En dos minutos | Veciños de Rodeiro voltaron aos campos de Tinduf As cousas van cambiando no deserto. Agora os refuxiados posúen depósitos de auga
09 abr 2005 . Actualizado a las 07:00 h.Voltaron a Camba co corazón enchido de paz ao percibir nesta última estancia no Sáhara un cambio importante dentro da miseria. Catro veciños do Concello de Rodeiro, pioneiro na comarca no programa de acollemento de nenos saharauis en verán, viaxaron en Semana Santa a Tinduf aos campamentos de refuxiados. Do 19 ao 27 de marzo pasaron día e noite coas familias dos seus fillos adoptivos, que nalgún caso voltará no vindeiro mes de xullo a pasar as súas vacacións ao municipio. Para María Jesús Feijoo non foi este o seu primeiro desprazamento pero atopou certos cambios. «A miseria continúa pero xa dispoñen de dous depósitos de auga, mentras que al última vez que estiven alí non había ningún. Por primeira vez puiden lavarme coa regadeira, algo impensable na última viaxe, e na que só usábamos toalliñas. Tamén instalaron dous locutorios telefónicos que se atopan a vinte minutos do campamento, aproximadamente, pero alí a vida está estancada e non se fai absolutamente nada. É máis, xa existe unha mentalización conxunta e arraigada de que se quedarán no Sáhara para sempre, que non haberá referéndum». Familias acolledoras de nenos saharauis de toda España viaxaron unha vez máis aos campos de refuxiados para ver aos cativos que tiveron nas súas casas no pasado verán e aproveitaron para llevarlles un pouco de todo. «Carecen de moitísimas cousas pero son optimistas e alí non atopas unha mala cara a pesares das condicións de vida que teñen».