A Asociación de Amigos da Cociña de Deza, composta por once membros, presentarase o vindeiro 30 de setembro no Centro Comarcal Expodeza
18 sep 2002 . Actualizado a las 07:00 h.O lalinense José Ramón García Montoto é o presidente da Asociación de Amigos da Cociña de Deza, colectivo que programa múltiples actividades. -¿Con que finalidade nace a asociación? -A idea de poñer en marcha a asociación nace de catro cabezas inquietas desexosas de unirse e facer algo en conxunto. -¿Cantos membros están no colectivo? -Agora somos once membros pero o número pode aumentar en vindeiras datas. Somos un colectivo que está aberto a novas incorporacións. -¿Son todos da comarca dezana? -Non. Temos membros de Santiago, Suiza, Londres e Irún. Nembargantes, todos os membros da Asociación de Amigos da Cociña de Deza naceron na comarca. É o nexo común entre tódolos membros. Pódese decir que a asociación é internacional polos seus integrantes. -¿Quenes están convidados á inauguración? -Remitímoslles invitacións a presidentes de asociación gastronómicas de Galicia, periodistas gastronómicos e cociñeiros. Agardamos a presencia do alcalde de Lalín, Xosé Crespo, da directora xeral de Turismo e algún conselleiro. Cabe lembrar que a presentación da asociación estaba prevista para o mes de agosto, pero por cuestións alleas a nós, tivemos que pospoñela para o 30 de setembro. -¿Cando comezarán as xornadas do atún? -Algúns cociñeiros xa comezaran estes días e outros na vindeira semán. -¿É preciso dar a coñecer os pratos da zona? -No Deza non só temos cocido. Temos carnes e outras moitas especialidades un tanto descoñecidas.