En memoria de Xosé Luís Franco Grande

redacción LA VOZ

CULTURA

MARCOS MÍGUEZ


Marina Mayoral, Víctor Freixanes e Ramón Lorenzo homenaxean ao poeta, ensaísta e intelectual galego falecido onte

01 abr 2020 . Actualizado a las 12:13 h.

A cultura galega perdeu a un dos seus grandes baluartes, Xosé Luís Franco Grande, pai da primeira edición do dicionario galego-castelán, poeta, ensaísta, defensor do galeguismo e membro da Real Academia Galega. Dous dos seus compañeiros na institución, Víctor Freixanes e Ramón Lorenzo, e a catedrática Marina Mayoral, despíndense del, nunha homenaxe literaria.

No seu artigo, o presidente da RAG, Víctor Freixanes, fala de Franco Grande como dun amigo, estudoso e loitador da palabra, cun «humor divertido e retranqueiro, dotado dun refinado espírito crítico e unha grande curiosidade intelectual».

Á mesma amizade, dende os anos mozos, refírese a catedrática Marina Mayoral, que loa ademais as cartas e poesías de Franco Grande.