La Voz ofrece mañana la trilogía «Martes de Carnaval», de Valle-Inclán

La trilogía «Martes de Carnaval» es una de las cimas del teatro de Valle-Inclán, que usa el esperpento para criticar el estamento militar de su tiempo y su concepto del honor. La Voz ofrece mañana a sus lectores este título fundamental del autor gallego por 2,95 euros.

libros

redacción / la voz

Junto con Luces de Bohemia, la trilogía Martes de Carnaval -Las galas del difunto, Los cuernos de Don Friolera y La hija del capitán- es una de las cimas del teatro de Valle-Inclán y una de las mejores muestras del esperpento. El libro forma parte de la colección dedicada al autor gallego de La Voz y la Cátedra Valle-Inclán de la Universidade de Santiago, y que el periódico ofrece mañana a sus lectores por 2,95 euros más el cupón en el lomo.

El título hace referencia, como explica Sandra Domínguez Carreiro, del grupo de investigación de la USC de Valle-Inclán, al dios romano de la guerra, Marte, una alusión a los militares españoles. «O feito de seren os protagonistas de cada obra militares de distinto rango presta unidade a toda a triloxía, triloxía que ten como obxectivo situar o Exército español ante o espello cóncavo do esperpento, para criticar a este estamento e denunciar as circunstancias históricas da realidade contemporánea», explica la especialista. El fracaso de la guerra de Cuba de 1898 o el golpe de Estado de Primo de Rivera son objeto de crítica y sátira, como también lo es el violento concepto del honor tradicional, «agudizado no caso dos militares nos seus distintos rangos».

«Para entender que elementos e sobre todo de que forma critica Valle os elementos do chamado honor calderoniano hai que pararse un pouco no sentido e na dimensión estética da obra», explica Sandra Domínguez. «Trátase da peza central da triloxía, e, sen dúbida, non só da máis longa senón da que ten máis complexidade: as súas doce escenas están enmarcadas por un prólogo e un epílogo protagonizados por don Manolito e don Estrafalario. O diálogo de ambos personaxes ten unha importancia fundamental, análoga á que ten a famosa escena XII de Luces de Bohemia, pois en ambos momentos Valle-Inclán formula, por boca dos personaxes, o núcleo da teoría do esperpento. Neste caso, no prólogo don Manolito e don Estrafalario contemplan o espectáculo de bonecos do Compadre Fidel, centrado tamén no tema da infidelidade: nesta representación guiñolesca o Bululú incita ao Fantoche a que mate a La Moña para salvar así a súa honra e vengar a infidelidade, de maneira análoga á que os militares compañeiros de cuartel incitarán a don Friolera a asasinar a presunta esposa infiel Loreta para lavar con sangue a mancha da honra do esposo tenente. O Bululú por tanto fai o papel do demoníaco Iago que na shakespereana traxedia de Otelo incita a este a que mate a inocente Desdémona, desatando un espíritu de ciumes e vinganza do que será víctima a esposa inocente. Na nosa obra, non só se produce a equivalencia grotesca dos personaxes da traxedia de Shakespeare, senón que, xa en clave da tradición literaria e ideolóxica española, o militar encarna o bárbaro concepto do honor calderoniano, con profundo arraigo na idiosincrasia española. Ademais, nas doce escenas que compoñen a obra ningún personaxe ten máis dignidade nin altura humana cós bonecos do tabanque do Compadre Fidel: Valle-Inclán chega así ao perfecto distanciamento estético (non conseguido aínda por completo na maxistral Luces de Bohemia) que don Estrafalario defendía no prólogo: nen sequera se produce conmoción cando o Tenente Friolera asasina cun disparo erróneo dirixido á nai a pequena filla Manolita. No epílogo a obra vén resumida a través dun romance de cego, na que o militar protagonista resulta condecorado pola Coroa. As institucións das que se vale Valle-Inclán para criticar este obsoleto e violento concepto do honor son o Exército, a Monarquía e a Igrexa -recordemos que os celos infundados do Tenente son excitados pola beata dona Tadea-, e tras escoitar o romance do cego don Estrafalario manifesta o seu rexeitamento por estas formas literarias que continuaban a afirmar unha moral baseada na defensa do código do honor calderoniano», detalla.

 

Martes de Carnaval disfruta además del privilegio de albergar a uno de los personajes más populares de Valle, Don Friolera, un éxito que Sandra Domínguez atribuye a la «mestría estética» en el diseño de la obra y que completa la teoría estética del esperpento: «Don Friolera representa a culminación do fantoche tráxico, do antiheroe grego e shakespereano: seguidor dun código moral dogmático que o condiciona de antemán, exclúe toda posibilidade de reflexión seria ou de diálogo para resolver o conflito, non sendo consciente nin sequera ao final da obra que o que el presenta diante dos seus superiores coma unha xesta heroica, o asasinato da esposa infiel, é, en realidade, un dramático disparo fallido que acaba coa vida da súa filla. De aí que a súa traxedia non sexa unha traxedia, senón “la trigedia de los cuernos de don Friolera”», resume. «Polo que respecta á perdurabilidade da obra, cómpre destacar que Los Cuernos de don Friolera comparte con Luces de Bohemia elementos críticos similares. Ambientadas ambas na caduca España da Restauración dos anos vinte, en Luces recoñecemos parcelas da nosa realidade contemporánea, coma a corrupción e a mala xestión política; de xeito paralelo, o arraigado concepto do honor calderoniano e as súas múltiples derivacións, en concreto a muller coma posesión do home, permea aínda algunhas capas da nosa sociedade, se pensamos na mentalidade que subxace non só aos crimes machistas, senón á levedade dalgunhas sentencias xudiciais ou á lentitude coa que se poñen en marcha as necesarias reformas do Código Penal que castigan as agresións contra mulleres. Desgraciadamente, estamos a asisir a unha involución discursiva que devolve a épocas pretéritas, non lonxe da España barroca que ratificaba o concepto do honor calderoniano. De ahí a perdurabilidade e a vixencia dos esperpentos de Valle-Inclán. Isto é o que lle chega ao público de hoxe de Martes de Carnaval: é a fórmula esperpéntica, en efecto, a que converte en atemporal a mensaxe de denuncia de Valle-Inclán», añade la especialista.

Valle-Inclán no reconocía sus obras cuando las veía en escena y su estética arriesgada no coincidía con los gustos burgueses de quienes frecuentaban el teatro comercial de su época. A estas circunstancias se añade la crítica a los militares. El escritor no vio representadas en vida en España ninguna de las piezas de la trilogía, aunque sí Los cuernos de Don Friolera en Roma, que consiguió sortear la censura del régimen de Mussolini, con éxito de crítica. «Ata onde puiden comprobar durante a miña estancia de investigación en Italia no ano 2013, todos os periódicos romanos recolleron o estreno con recensións e críticas positivas ao día seguinte, a excepción do diario católico L’avvenire d’Italia, que a cualificou de inmoral. Como explicar o éxito dunha obra de semellante temática nun país que vivía baixo a represión dunha dictadura militar? En realidade, a obra non foi entendida na súa xusta dimensión (-aínda que si no caso dalgún lúcido columnista-): o público e a crítica italianos carecían dos elementos de contexto ?histórico e literario- que a un lector ou espectador español da época lle permitían a interpretación da intencionalidade satírica da obra», reflexiona Sandra Domínguez.

 

Sandra Domínguez, en el centro, bajo el retrato de Valle-Inclán, con otros miembros del grupo de investigación
Sandra Domínguez, en el centro, bajo el retrato de Valle-Inclán, con otros miembros del grupo de investigación

Sandra Domínguez Carreiro: «Ler a don Ramón é unha experiencia que non se esgota nunca»

Sandra Domínguez Carreiro forma parte del Givius, el grupo de investigación sobre Valle-Inclán de la Universidade de Santiago. A sus lecturas de siempre del escritor se añadió, cuando cursaba tercero de carrera, la celebración del congreso Valle-Inclán y el fin de siglo, en 1995, que redobló su interés. Ya en quinto pidió una beca de colaboración para el grupo, que dirigía y dirige Margarita Santos Zas, antes de la creación de la Cátedra Valle-Inclán. «A bolsa foime concedida, e, tras unha paréntese de tres anos nunha universidade extranxeira, volvín para formar parte do grupo, ao que aínda sigo pertencendo neste momento», recuerda la especialista.

Para Sandra Domínguez, su relación con la obra de Valle-Inclán va más allá de lo estrictamente académico. «Coma unha parte imprescindible da miña vida, non só desde o punto de vista académico ou profesional, senón desde o persoal. Ler as obras completas de don Ramón é unha experiencia que non se esgota nunca, pois, como diciamos máis arriba, a súa obra é produto dunha época, pero segue estando vixente na nosa sociedade contemporánea. Ademais, Valle-Inclán é un crisol de estilos e tendencias literarias, un autor que cultivou todos os xéneros e incluíu todas as artes na súa escritura», sintetiza la especialista y profesora. 

Trabajo en grupo

Una relación académica que implica también una tarea colectiva. «O traballo co Grupo de Investigación Cátedra Valle-Inclán significa para min unha aprendizaxe e un crecemento continuos. É un privilexio persoal, laboral e académico contar coa dirección maxistral de Margarita Santos Zas e compartir grupo con persoas das que aprendo continuamente, e que continuamente enriquecen o grupo con aportacións individuais e de traballo conxunto», concluye Sandra Domínguez.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

La Voz ofrece mañana la trilogía «Martes de Carnaval», de Valle-Inclán