«Non son dun xénero musical único»

V. Couto, P. Blanco CARBALLO / LA VOZ

PONTECESO

Ana Garcia

A pontecesá Clara Amado está destacando pola súa voz en distintos actos na zona

28 dic 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

A voz da pontecesá Clara Amado (17 anos) vén sorprendendo a moitos dun tempo a esta parte. Puidérona ter visto nalgún acto da Fundación Eduardo Pondal -a entrega dos Bos e Xenerosos, por exemplo-, na gala de entrega de premios do circuíto Correndo pola Costa da Morte e, aínda máis recentemente, na conmemoración do Día do Himno.

-¿Dende cando esa afección súa pola música e por cantar?

-Levo cantando dende os tres anos, máis ou menos. Sempre me gustou: cantar, os instrumentos... Meu avó cantou en igrexas, e no coro, e foime levando por ese camiño. Lémbrome collendo unha comba de saltar e cantando cancións de Chenoa ou de Bisbal.

-¿Toca algún instrumento?

-Si, pero aínda estou empezando. Non é nada profesional nin moito menos. Fun tocando pandeireta, frauta... pero actualmente toco o piano e a guitarra de xeito moi principiante, sen clases.