Entroido e outras artes para gozar este venres na Costa da Morte 

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

O Caietano será velado hoxe dende as 12.00 horas ante o Concello
O Caietano será velado hoxe dende as 12.00 horas ante o Concello BASILIO BELLO

Axenda diaria | Varias citas a prestarlle atención: música, teatro, pasarrúas ou obradoiros e recitais na memoria de Rosalía 

20 feb 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe • Venres 20 de xaneiro e así se presenta a axenda do día na Costa da Morte:

Carballo • O ciclo de concertos de febreiro do Conservatorio de Música chega hoxe á súa fin cun de corda e piano. Ás 19.00, no salón de actos do Pazo. De balde.

Carballo • Tamén na capital de Bergantiños botará a andar este venres a nova edición do programa De landras a carballos. Nas Escola do Xardín Agra de Caldas, ás 18.00, Eu son de ciencias, con Trémola Teatro. Para nenos a partir de 5 anos. Trátase dun proxecto cultural e socioeducativo impulsado dende as áreas de Igualdade e Normalización Lingüística. Hai 30 prazas.

VimianzoO programa de inverno da Casa da Cultura reserva para esta tarde a estrea da peza Nortear, da compañía Columna Balteira: 20.30 horas, entradas en woutick.es. Máis datos na páxina 8 desta edición.

LaxeSegunda parada do LaxEntroido. Comezará hoxe ás 12.00 horas o velorio de don Caietano, diante do edificio do Concello. Mañá será o enterro e a queima.

FisterraCurioso este tempo no que se vai solapando o último do entroido co primeiro de Semana Santa. Posposto no seu día por mal tempo, hoxe terá lugar o pasarrúas de carnaval do colexio Mar de Fóra, así como o da escola infantil A Galiña Azul e o do CEIP Areouta de Sardiñeiro. Dende as 10.30, cor na vila. Por outra banda, dende hoxe mesmo ata o 28 de febreiro oficiarase a novena do Divino Nazareno, ás 19.00 horas, na capela do Patronato. Cómpre anunciar, doutro lado, que este domingo 22 de febreiro, ás 12.00 horas, se presentará o cartel da Semana Santa de Fisterra 2026, na igrexa de Santa María das Areas.

CoristancoO programa de entroido do municipio, a Xira Entroideira, bota o peche esta tarde cunha gran festa comunitaria, a partir das 19.00 no edificio da biblioteca. Disfraces, música, animación e sorpresas.

CorcubiónFestexan na vila o nacemento de Rosalía de Castro cun obradoiro de escrita creativa dirixido por Suso Bahamonde (17.00) e cun recital colectivo (18.30). Na biblioteca.