Chega á vila, en residencia artística, o proxecto «Clementina e os planetas»
19 feb 2026 . Actualizado a las 05:00 h.Do 23 ao 28 de febreiro • Acollerá ao auditorio de Vimianzo do 23 ao 28 de febreiro unha residencia artística do proxecto Clementina e os planetas, iniciativa do Instituto de Astrofísica de Andalucía e de Nauta Teatro, en colaboración coa Fundación Española para la Ciencia y la Tecnoloxía e co apoio dos Concellos de Vimianzo, Teo e Santiago. Clementina e os planetas é unha fusión entre astrofísica e artes escénicas como ferramenta de divulgación científica que procura achegar os coñecementos do Universo a todos os públicos, proposta enmarcada arredor do Día da Muller e a Nena na Ciencia e que, no caso de Vimianzo, vén reforzar o vínculo entre cultura e coñecemento científico, consolidando a posta do municipio pola divulgación astronómica e o seu posicionamento como Destino Starlight.
En canto ás actividades, o mércores 25 haberá dous obradoiros para alumnado de primaria do CEIP San Vicenzo (11.00 e 12.00). Xa o venres 27, haberá un pase escolar do espectáculo (11.00) e outro aberto ao público en xeral (18.00 horas), seguido dun coloquio co equipo artístico e científico detrás do proxecto. Teatro, música e divulgación, todo nunha peza.