Música, moito Nadal e aprendizaxe: a axenda deste mércores na Costa da Morte

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

Na Laracha, os escolares gozan estes días dun festival de teatro con motivo do Nadal
Na Laracha, os escolares gozan estes días dun festival de teatro con motivo do Nadal .

Para os escolares de numerosos concellos a oferta é variada

17 dic 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Estas son as propostas culturais e de ocio para hoxe na Costa da Morte:

Carballo • 19.00 horas, Pazo da Cultura: continúan as audicións do conservatorio.

Carballo • 17.00 e 18.30, Escolas do Xardín: obradoiro de masaxes para bebés con Esther Fuentes (inscricións en carballo.gal).

Dumbría • Conexión con Papá Noel dende a aula de informática de Buxantes (de 16.00 a 20.00), e taller de manualidades infantís de madeira con Muxiarte, na casa cultural de o Ézaro, de 18.00 a 19.00.

Vimianzo • Cantos de Nadal con Teté Teatro nas escolas de Cambeda (18.00) e Berdoias (20.00).

Fisterra • Último día para anotarse ao obradoiro para nenos A ilusión do Nadal (días 22 e 23) en info@concellofisterra.com.

Máis. En colexios da Laracha, Zas, Malpica, Laxe ou Cee haberá actividades especiais, de Nadal, por exemplo.

Aviso

En Carball, Cáritas fará o reparto das cestas de Nadal aos seus usuarios.