Música | Rock e jazz
25 abr 2007 . Actualizado a las 07:00 h.?ta cinco grupos se subirán entre hoxe e o domingo aos escenarios de A Laracha, Carballo e Ordes para facer vibrar aos seguidores da música en directo con sendas descargas de rock e unha mostra do mellor jazz feito por estes lares. O abano de citas ábrese esta noite no pub larachés D'Antón co primeiro dos dous concertos da semana programados dentro do circuíto promovido pola Rede Galega de Música ao Vivo. Hoxe tócalle a vez ao quinteto de pop-rock Querido salvaje, e maná serán os integrantes de Mr, Dixie Jazz Band os que demostrarán que no panorama autóctono tamén hai espazo para estes sons chegados desde o profundo sur norteamericano. Tamén La Reserva volve a ter esta fin de semana unha sesión dobre na que os sons máis potentes serán os protagonistas. Mañá será a banda de metal instrumental Ardegan a que se suba ao escenario do local larachés, no que o domingo actuará unha banda de rock de Cartaxena, T.A.S., cunha gran experiencia en directo e que teñen sido comparados con Barricada. Como peche da semana tamén, o grupo cercedense de rock Zenzar ofrecerán un novo concerto no marco da xira de presentación do seu último traballo discográfico, Sigue... e dálle, e coincidindo coa celebración na localidade de Ordes da súa Festa do champiñón.