Ricardo Dávila: Escultor de compromisos


Fago meu o limiar que Isabel Santos, con exquisita lucidez, fixo para o catálogo da última exposición de Ricardo Dávila, que se pode visitar no Museo Etnográfico de Artes, grazas ao encomiable labor e dedicación do seu presidente Manuel Reiriz, Digar.

Referencia Isabel as 18 pezas de escultura, mais tamén os rostros esculpidos das persoas do lugar que lle serviron de modelos ao artista nado no Muíño Vello (a cabalo entre Palmeira e A Pobra) e que, dende rapaz, converteu a súa vida nunha paixón ilimitada pola talla e o modelado. Porque, máis alá da súa depuradísima técnica, falamos dun escultor de ideas e de emocións, a quen a inspiración sempre atopa coas mans na masa, como esixe o bo pan. Talento e dedicación asemade.

O primeiro tema nesta exposición é a violencia de xénero. O número de feminicidios non cesa, aumenta. A violencia doméstica, física e psicolóxica, é un crime e xa antes do asasinato. As medidas legais non chegan, ou non se aplican. U-lo empoderamento da muller? Esta realidade transcende o home e a muller, e convértese nun síntoma, na expresión dunha sociedade enferma que reclama unha pedagoxía da crueldade que combata o sexismo, o machismo e o androcentrismo como orixe do mal. Non esquezamos que o home é a primeira vítima do mandato e da estrutura abafante da masculinidade.

Cidades enxame

O segundo é a convivencia en cidades enxame, formigueiros humanos onde sobrevivirmos é unha aventura. Ricardo denuncia a deshumanización do noso hábitat, as cidades dormitorio, con problemas de superpoboación, contaminación, carencias de alimentos e áreas verdes; tráfico, pobreza, desemprego, delincuencia...

Ricardo Dávila opera con pensamento crítico e creativo. Busca a nosa reflexión, a nosa empatía. Non quere respostas: estimula preguntas: e ver, sentir, pensar diferente. Por iso modula palabras e formas que son coma berros tallados en solidariedade e repulsa: como machadazos na dura conciencia.

Arte conceptual onde o primordial é o que se di, non como se di. As ideas antes cá forma. Arte como testemuño, denuncia, crítica e exploración dunha realidade perversa en si, que nos fere. Ironía e sátira, e non tanto beleza formal ou excelencia dos materiais.

Dadaísmo iconoclasta que provoca e destrúe concepcións desfasadas, mediante o humor absurdo e burlesco, azaroso e espontáneo. A transcendencia da arte é a mensaxe. Un xogo de azar, o regreso á infancia, rebelde e informal. De aí os «obxectos encontrados» (raíces de oliveira), a colaxe (arames de espiño), a ruptura das formas, e as ensamblaxes desarticuladas. Todo con sabor a expresionismo, a futurismo, a cubismo, a construtivismo ruso, a dadaísmo, a surrealismo, informalismo,a feminismo. Unha raizame sen límites onde o espectador, dono do último significado, ten a palabra e mais o pracer: de ver, de reflexionar. Talvez de aprender.

As mortallas

VICTORIANO GARCÍA MARTÍ

É unha mañá espléndida de outono. A luz, peneirada por unha néboa lixeirísima que creba e apaga as raiolas do sol, cae paseniño sobre o porto e matiza coas distancias.

Vivendas, praias, viñas e bosques dos arredores do mar aparecen envoltos nunha atmosfera de lene paz. Nin unha dureza, nada que manque nos ollos. As lanchas de pesca, xeitos e dornas, enarboran os seus pendóns de festa.

Na parroquia do Castelo do Deán celébrase a festa de Xesús de Nazaret. Vai saír a famosa procesión das mortallas. Das aldeas próximas chegan ata a igrexa os ofrecidos. Son xentes que se salvaron dalgunha enfermidade grave e fixeron voto de asistir a esta procesión, cos seus hábitos mortuorios, tras o cadaleito que, doutro xeito, os conducirá á súa derradeira morada.

Seguir leyendo

 

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Ricardo Dávila: Escultor de compromisos