As letras escaparon dos libros

raquel iglesias / J. sande RIBEIRA / LA VOZ

BARBANZA

CARMELA QUEIJEIRO

Os alumnos de Barbanza saíron das aulas para celebrar o 17 de maio

17 may 2013 . Actualizado a las 07:00 h.

Hai días de chuvia que tamén son esplendorosos. Ocorre na bisbarra de Barbanza a véspera do 17 de maio, a data que os alumnos teñen marcada no calendario para saír das aulas a celebrar que a literatura en galego segue moi viva. É a xornada na que todos presumen dos escritores desta terra, poñendo en práctica o aprendido deles nos libros de texto, pero fóra das aulas. As letras escaparon das páxinas para inundalo todo.

Foi o que sucedeu no colexio Salustiano Rey de A Pobra. Os alumnos celebraron unha romaría na que descubriron o traballo dos pescadores e das palilleiras, ademais de montar un mercadillo no que intercambiaron pulseriñas e outros obxectos, para eles, cheos de valor.

No colexio de Artes houbo pinceladas de literatura e os cativos decoraron as paredes exteriores da biblioteca. Ao longo dos últimos meses estudaron a Vidal Bolaño, o autor protagonista das Letras Galegas, e así quedou demostrado nas actividades que levaron a cabo.

Obradoiros con chocolate

No colexio Praia Xardín, os nenos chupáronse os dedos. Achegáronse aos postos de panadería e pastelería que se repartían polo centro, e participaron en talleres de barro ou de sombreiros de palla, entre outros.

A celebración tamén chegou a Muros e cómpre destacar a xincana do colexio de Louro, que protagonizou Xulio Verne.