DENDE FÓRA | O |
15 jul 2005 . Actualizado a las 07:00 h.¿DEBEMOS REXEITAR mercar pantalóns ou xéneros de punto foráneos para solidarizarnos co sector textil da bisbarra, máis caro, ou é menos solidario mercar productos chineses, máis baratos? Cando os romanos chegaron a Baelo-Claudia en Cádiz coas técnicas da salazón que aprenderan dos fenicios ou os cataláns a A Pobra do Caramiñal e demáis ribeiras da nosa bisbarra, fixérono porque había materia prima abondo, man de obra barata e mercados onde vender. Hoxe en día valórase como un feito positivo. Hai que pensar que os fluxos comerciais cambiaron moito dende que o magnate automobilístico Henry Ford dixera aquela famosa frase: «pode elexir a cor do seu coche con tal de que sexa negro». Por iso estamos coa preocupación da repercusión da globalización económica por estas terras, o que, certamente, non deben deixar de lado os nosos dirixentes. Como dicía Castelao: «Pero... ¿non vai mandar ninguén no axuntamento, ou que?». Pero si temos en conta que a un moro mólalle un móbil ou a un zulú un televisor, mentras que a nós séguenos gostando o café, o chocolate e os bolsos de pel de xiba de dromedario, coido que as cousas aínda poden ter arranxo. O que fora secretario xeral da ONU, Pérez de Cuéllar, dixo que «a globalización cultural debe incorporar unha nova ética global», aforismo que, aplicado á globalización económica, debería acadar un mundo mellor para todos.